facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria renuncia á reforma da sede do Peirao de Pasaxeiros para priorizar outros investimentos
Luns, 12 Novembro 2012 18:53
AddThis Social Bookmark Button

sede comandanciaO Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou na súa última sesión a resolución de mutuo acordo do contrato de obra Reforma e Ampliación do Edificio de Oficinas da Autoridade Portuaria (sede do Peirao de Pasaxeiros), o que supón a renuncia da entidade á execución dunhas obras cuxo orzamento ascendía a 900.000 €.

A decisión adoptouse considerando que, en atención ao principio de austeridade aplicable a toda a administración e empresas públicas, é preferible concentrar o esforzo investidor da Autoridade Portuaria en actuacións que redunden directamente nunha mellora dos servizos portuarios, e consecuentemente, nun incremento da competividad das empresas asentadas no Porto de Vilagarcía e a súa zona de influencia.

A resolución de mutuo acordo do contrato asinado coa empresa COPCISA non supón que a Autoridade Portuaria descarte definitivamente acometer a reforma do edificio de oficinas do Peirao de Pasaxeiros, proxecto que podería retomarse a medio prazo, se a situación económica evoluciona favorablemente e unha vez culminadas outras actuacións que nestes momentos se consideran prioritarias.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.