facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 17-Outubro-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O documental "Torreiros", realizado coa colaboración da Autoridade Portuaria, preséntase no auditorio
Mércores, 21 Novembro 2012 17:34
AddThis Social Bookmark Button

faro illasalvoraA sala de conferencias do auditorio municipal de Vilagarcía acollerá mañá xoves, dfa 22, ás 20.00 horas, a presentación de “Torreiros”, unha película documental sobre os torreiros de Galicia, dirixida por Pablo Ces e realizada coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, entre outros organismos.

A obra céntrase na parte humana da profesión de torreiro, mostrando as tarefas cotiás que realizan ou realizaron no pasado, e para iso conta cos testemuños de varios profesionais que exercen o seu labor en diferentes autoridades portuarias de Galicia, incluída a de Vilagarcía.

 

Deste xeito, a través das voces dos últimos torreiros, representantes dun oficio centenario, preténdese homenaxear a un colectivo que historicamente desempeñou un papel fundamental para a seguridade na navegación polas costas galegas. A película tamén pon en valor o patrimonio arquitectónico dos faros galegos, que define diversas paisaxes de gran valor ecolóxico e turístico.