facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O tramo en obras da rúa Rivero de Aguilar estará aberto dende o venres en sentido O Ramal
Mércores, 05 Decembro 2012 18:24
AddThis Social Bookmark Button

rivero aguilarA Autoridade Portuaria procederá este venres, día 7 de decembro, a modificar o sentido de circulación da rúa Rivero de Aguilar -un vial de titularidade portuaria e de uso público- no tramo comprendido entre os parques do Cavadelo e O Centenario.

Nesta zona, e con motivo das obras do ferrocarril ao porto, está actualmente habilitado un único carril de circulación, en sentido Vilaxoán.

A partir do venres pola tarde, modificarase o sentido de circulación nese tramo, e o vial estará aberto en sentido O Ramal, co que os vehículos que se dirixan cara a Vilaxoán por Rivero de Aguilar deberán desviarse á altura da rotonda do Peirao de Pasaxeiros e tomar pola rúa Elpidio Villaverde, primeiro, e Avenida da Mariña (por diante da Alameda e os xulgados), despois, ata enlazar coa rúa Valle-Inclán. A Autoridade Portuaria coordinou coa administración local esta modificación do tráfico, motivada polo avance das obras do ferrocarril.

.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.