facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O buque “Stella Becrux” descarga 32.000 toneladas de cereal no porto de Vilagarcía
Venres, 14 Decembro 2012 09:31
AddThis Social Bookmark Button

stella becruxO buque “Stella Becrux”, con bandeira de Singapura, está efectuando durante esta semana unha descarga de 32.000 toneladas de cereal no porto de Vilagarcía. O barco, atracado no peirao de Comboa, é un dos buques de maior tamaño que atracou o os peiraos vilagarciáns en toda a súa historia.

O "Stella Becrux" establece, cos seus 229 metros de eslora e 43.881 GT (Gross Tonnage, o uarqueo bruto), novas marcas en cada unha destas categorías, superando os anteriores rexistros.

As 32.000 toneladas de millo que o "Stella Becrux” deixa en Vilagarcía supoñen un gran pulo ao tráfico de graneis agroalimentarios no porto: a falta de 15 días para rematar o ano, o movemento de cereal supera as 170.000 toneladas, isto é, un 27% por riba dos tráficos rexistrados o pasado ano. A escala do “Stella Becrux” en Vilagarcía está consignada pola empresa P&J Carrasco.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.