facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

faro monte louroA Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten ao seu cargo a xestión das axudas á navegación nas rías de Arousa e Muros-Noia. En total, son 52 os sinais marítimos baixo a competencia do porto de Vilagarcía: 7 faros, 29 balizas e 11 boias, máis tres sinais cegas e dous sinais radioeléctricas, situadas no faro Corrubedo e a illa de Rúa.

Ademais destas axudas á navegación, nas citadas rías existen outros sinais marítimos dependentes de Portos de Galicia, principalmente para a sinalización de polígonos de bateas e peiraos de titularidade autonómica.

O accidentado do litoral sobre o que se estende a competencia do porto arousán explica o elevado número de axudas á navegación necesarias para garantir a seguridade na navegación. O Porto de Vilagarcía traballa para a modernización e posta en valor deste equipamento, sendo unha das principais melloras acometidas recentemente a incorporación de luces tipo led a todos as balizas e aboias, así como a varios dos faros da súa competencia.

 

Relación de faros e balizas atendidas pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Plano de balizamento

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.