O desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou de servizo público, de iniciativa privada, no dominio público portuario, formalízase a través do outorgamento das correspondentes autorizacións e concesións tal e como se regula na lexislación vixente. Están suxeitos a autorización: A utilización de instalacións portuarias fixas polos buques, a pasaxe e as mercancías, que se rexerá polo Regulamento de Explotación e Policía e as correspondentes Ordenanzas Portuarias. A ocupación do dominio público portuario con bens mobles ou instalacións desmontables ou sen eles, por prazo non superior a tres anos. Están suxeitos a concesión: A ocupación do dominio público portuario, con obras ou instalacións non desmontables ou usos por prazo superior a tres anos. Só poderán outorgarse para obras, instalacións ou usos que se axusten ás determinacións establecidas na Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios. A continuación pode descargar os impresos necesarios para realizar unha nova solicitude. Permisos (autorización de regatas e probas náutico-deportivas) |
|
|