facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 23-Xullo-2018
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
AddThis Social Bookmark Button

Ano 2017

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía estableceu en 2017 un novo récord de tráficos portuarios, ao alcanzar por vez primeira a cifra de 1,2 millóns de toneladas, concretamente 1.201.760 t. O aumento de tráficos con respecto ao ano 2016 foi de case 100.000 toneladas.

Os 1,2 millóns de toneladas de mercancía movidas polo porto o pasado ano permiten superar, máis dunha década despois, o anterior récord anual de tráficos en Vilagarcía, establecido en 2006 con 1.193.917 t.

Na comparación entre o actual récord e o anterior destaca o acusado cambio na contribución de cada unha de tres principais categorías nas que se distribúen os tráficos portuarios: graneis sólidos, graneis líquidos e mercancía xeral.

En 2006, do 1.193.917 toneladas movidas, máis da metade correspondían á categoría de graneis sólidos, con 613.257 toneladas (51,4%), mentres que os graneis líquidos situábanse en segunda posición con 334.243 toneladas (28%). O peso da mercancía xeral -a que aporta maior valor engadido- era aínda moi reducido, sumando só 246.417 toneladas (20,6%).

Na última década, a mercancía xeral gañou peso en Vilagarcía, ata supoñer case a metade dos tráficos deste porto (48,9%); os graneis sólidos representan o 35% dos tráficos, aproximadamente; e o 16,1% restante corresponde aos graneis líquidos.

Así, do total de tráficos portuarios de 2017, corresponden á mercancía xeral 586.958 toneladas, é dicir, aproximadamente a metade dos tráficos do ano. No apartado de graneis sólidos contabilízanse 421.101 toneladas e na categoría de graneis líquidos as toneladas ascenden a 193.701.

Na comparación co exercicio inmediatamente anterior, destaca a subida na categoría de graneis sólidos, dos que se moveron 100.000 toneladas máis que en 2016, o que supón un incremento porcentual do 31,4%. Tamén aumenta en cifras absolutas o movemento de graneis líquidos, dos que se contabilizan 9.500 toneladas máis que o ano anterior; en porcentaxe, o incremento é do 5,2%. Finalmente na mercancía xeral as toneladas contabilizadas supoñen o segundo mellor rexistro histórico do porto arousano nesta categoría, 14.000 toneladas por detrás do récord establecido en 2016.

No que se refire aos produtos máis destacados en cada categoría, na mercancía xeral o maior incremento porcentual rexístrase no tráfico de pasta de papel, cun crecemento do 59,1%, ata rozar a cifra de 12.000 toneladas movidas no ano. En cifras absolutas, e como vén sucedendo nos últimos exercicios, a mercancía contenerizada sitúase á cabeza non só desta categoría, senón de todos os tráficos portuarios, cun total de 34.502 TEUs movidos no ano (+6,8%), equivalentes a 293.932 toneladas. En segundo e terceiro lugar sitúanse o taboleiro e o aluminio, con 150.000 e 120.000 toneladas, respectivamente.

No apartado de graneis sólidos a maior parte dos produtos tiveron un comportamento moi positivo, destacando sobre todo o incremento de cuarzo que se sitúa como o terceiro produto máis importante, por volume de tráficos, nesta categoría, con case 82.600 toneladas. En 2016, o total de cuarzo movido polo porto foi de 35.423 toneladas, co que o incremento porcentual foi do 133%. Por diante o cuarzo sitúase a urea, con 87.511 toneladas e un incremento do 3,6% con relación a 2016, e os cereais, dos cales contabilízanse 187.504 toneladas, case 45.000 toneladas máis que o ano anterior (+31,4%).

Finalmente, no apartado de graneis líquidos destaca a subida no movemento de aceite que por vez primeira sitúase como a mercancía máis importante nesta categoría por toneladas movidas, superando ao metanol. O incremento porcentual no movemento de aceite foi do 21,7%, ata superar as 76.000 toneladas.

 

 

 Evolución del tráfico total

Tráfico 2011 por tipo de mercancía

 

 

Mercancías 2017 2016 Variación % Variación Tm
  Mercancía xeral 586.958 601.069 -2,34 -14.110
 Graneis sólidos 421.101 320.553 31,36 100.548
 Graneis líquidos 193.701 184.160 5,18 9.541
 Total 1.201.760  1.105.782 
8,67 95.979