O Porto de Vilagarcía moveu en 2022 mercadorías por valor de máis de 2.200 millóns de euros
No últimos cinco anos duplicouse o valor industrial das mercadorías
O valor das mercadorías movidas polo porto de Vilagarcía ascendeu en 2022 a 2.214.695.922 euros, o cal supón un novo récord neste concepto.
O dato foi feito público polo presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, na sesión ordinaria do Consello de Administración celebrada esta mañá. Tras comezar a súa intervención dando a benvida aos novos membros do órgano de goberno da Autoridade Portuaria –Álvaro Melón, avogado do Estado, en representación da Administración Xeral do Estado e Diego Calvo, vicepresidente da Xunta, en representación da Administración Autonómica- o presidente debullou o contido do informe sobre o valor da mercadorías movidas polo porto correspondente a 2022.
O documento amosa un incremento moi significativo no valor das mercadorías movidas polo porto, xa que o anterior récord era de 1.540 millóns de euros. A cifra é reflexo das repercusións que, sobre o prezo de diversos produtos e materias primas, tivo o conflito bélico en Ucraína, xa que o valor das mercadorías subiu de maneira moi considerable mentres que o tráfico de mercadorías practicamente mantívose nos mesmos niveis que o exercicio inmediatamente anterior.
Cabe destacar que o valor das mercadorías movidas polo porto de Vilagarcía duplicouse en tan só cinco anos. Así, en 2017 este valor era de 1.019.453.991 euros. En 2021 superábanse por primeira vez os 1.500 millóns de euros no valor das mercadorías e o pasado exercicio pasamos holgadamente a barreira dos 2.000 millóns de euros.
O conxunto de mercadorías movidas en tráfico marítimo -graneis sólidos, graneis líquidos e mercadoría xeral- alcanzou o pasado ano 2022 un valor de 2.011.662.026 €, que supón o 91% do valor total das mercadorías en 2022.
No apartado de tráfico terrestre, o valor industrial dos distintos produtos que pasan polo porto ascendeu no ano 2022 a 203.033.896 €, o cal representa o 9 % do valor industrial total das mercadorías neste ano. A maior parte do valor industrial deste grupo de mercadorías en tránsito terrestre –concretamente, o 99%-, corresponde a pesca conxelada, cun valor industrial de 201.717.800 €. Estes produtos destínanse á elaboración de produtos derivados da pesca nos frigoríficos situados no Porto. É necesario destacar a achega que estas actividades realizan na creación e consolidación do emprego no porto de Vilagarcía, ao incorporar un moi importante número de empregos á súa actividade, especialmente feminino.
O valor industrial das mercadorías embarcadas en tráfico marítimo foi de 668.075.845 €, que supón o 33% do valor en euros. O valor industrial das mercadorías desembarcadas, que ascendeu a 1.343.586.181 €, representa un 67% do total do valor industrial das mercadorías de tráfico marítimo.
É dicir, as mercadorías embarcadas supoñen en toneladas o 39% do total, mentres que en valor representan o 33%. Por outra banda, as mercadorías desembarcadas supoñen en toneladas o 61% do total, mentres que en valor esta porcentaxe sobe ata o 67%.
Cabe destacar que os cinco produtos que máis valor engadido achegan entre as mercadorías movidas polo porto de Vilagarcía (aluminio, mercadoría movida por contedor e taboleiro, na categoría de mercadoría xeral; aceite; e pesca conxelada en tránsito terrestre) superan globalmente considerados un valor de 1.900 millóns de euros, dos 2.200 millóns de euros que o estudo fixa como valor global de todos os produtos movidos polo porto.
Porto de Vilagarcía, 27 de outubro de 2023
Enajenación mediante pública subasta de la Draga Aldamiz
Resolución del Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía de Arousa de 28 de junio de 2024, por la que se acordó declarar el abandono de una draga propiedad de Obras y Dragados Aldamiz, S.A.
El Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria aprueba las cuentas del ejercicio 2023, que arrojó un beneficio de 468.998,48 euros
El organismo también dio su visto bueno a la firma de un convenio con la Xunta para la rehabilitación integral de la estación marítima en el Muelle de Pasajeros
La Autoridad Portuaria de Vilagarcía renueva sus certificaciones ISO de gestión de calidad, ambiental, y seguridad y salud en el trabajo
Las certificaciones estarán vigentes hasta 2027, debiéndose superar una auditoría anual de seguimiento para su mantenimiento.
Paginación
- Página 1
- Siguiente página