A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle durante esta semana un curso para a formación dos servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques atracados en porto, no que participan 40 persoas.
A realización desta formación foi unha iniciativa conxunta da Autoridade Portuaria e Capitanía Marítima de Vilagarcía, quen solicitou a súa celebración nas dependencias da Autoridade Portuaria arousá á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP): Esta actividade está dirixida a servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos de protección civil e emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais.
O curso inclúese no programa de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública. O curso foi inaugurado esta mañá, nun acto no que interviñeron, ademais José Manuel Cores Tourís, presidente da Autoridade Portuaria, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva. Tamén asistiron á inauguración do curso o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2023.

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
Pagination
- Previous page
- Page 7
- Páxina Seguinte