O transporte de mercadoría contenerizada por vía marítima do Porto de Vilagarcía conta dúas liñas e permite o traslado de mercadorías a diversos destinos, non só nacionais e europeos, senón tamén transatlánticos.
O titular da concesión da terminal de contedores é a empresa Boluda Maritime Terminals, que desenvolve a súa actividade nos terreos creados tras a ampliación do peirao de Ferrazo.
A empresa opera desde a súa implantación no porto de Vilagarcía cun roteiro atlántico que une Vilagarcía coa cornixa cantábrica, Portugal e as Illas Canarias. Esta liña de contedores ofrece aos seus clientes dúas frecuencias semanais para o traslado dos seus produtos. O deseño deste roteiro permite aos seus usuarios dispoñer dun completo abanico de posibilidades á hora de transportar as súas mercadorías cara a múltiples destinos en todo o mundo.
Por outra banda, desde o verán de 2023 a empresa Nirint Shipping realiza dúas escalas mensuais na terminal de Boluda no porto de Vilagarcía, ofrecendo a posibilidade de transporte de mercadoría contenerizada a portos do norte de Europa, o Caribe e Canadá.
A localización estratéxica destas instalacións permite envíos desde Galicia e Portugal de contedores secos e refrixerados.
A Terminal de Vilagarcía dispón de 2 guindastres pórticos, máis de 50.000 m2 de superficie, instalacións para enchido de contedores, zona para reparación de equipos e máis de 90 conexións reefer.
O Porto de Vilagarcía conta coa posibilidade do transporte intermodal ferroviario/marítimo, un roteiro que xa foi utilizado con moi bos resultados para transporte de mercadoría contenerizada.
Outros productos (tanto mercadoría xeral como graneis sólidos) con importantes volumes no noso porto tamén se moven a través de liña regular.
Servizos marítimos
Para o ano 2024, os servizos marítimos con consideración de liña regular (e no seu caso, de transporte marítimo de curta distancia) son os seguintes:
- Boluda Lines: servizo marítimo regular e transporte marítimo de curta distancia (TMCD) de contenedores entre os portos de Vilagarcía, Leixões, Setúbal, Las Palmas, Tenerife, Cádiz e Santander.
- Nirint Shipping: servizo marítimo regular de contenedores entre os portos de Bilbao, Vilagarcía, Rotterdam, Santiago de Cuba, Mariel, Moa e Halifax.
- Cementos Tudela Veguin: servizo marítimo regular e TMCD de cemento hidráulico entre os portos de Vigo, Gijón, A Coruña e Vilagarcía.
- Amasus Shipping: servizo marítimo regular e TMCD de aluminio entre os portos de Sunndalsora, Karmony, Rotterdam e Vilagarcía.
- Amasus Shipping: servizo marítimo regular e TMCD de tablero entre os portos de Vlissingen, Drogheda, Birkenhead, Ellesmere e Vilagarcía.