Proxectos confinanciados

Proxectos cofinanciados

A construción dunha Europa máis verde, dixital e máis resiliente é o obxectivo que persegue o programa NEXT GENERATION EU, un instrumento excepcional de recuperación temporal acordado polo Consello Europeo en 2020 para articular unha resposta coordinada cos estados membros da UE ante o impacto tanto económico como social da pandemia da COVID-19. .

O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) constitúe a peza central do programa. Restaurar o potencial de crecemento das economías da UE, fomentar a creación de emprego despois da crise e promover o crecemento sostible son os obxectivos que persegue a Unión Europea a través da posta en marcha deste mecanismo.

Fondos MRR

O MRR está dotado con 723.800 millóns de euros que se destinarán a préstamos (385.800 millóns de euros) e transferencias (338.000 millóns de euros). A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados Membros a fin de lograr unha recuperación sostible e resiliente, á vez que se promoven as prioridades ecolóxicas e dixitais da UE. 

No ámbito nacional, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española prevé, ata 2026, a mobilización de ata 140.000 millóns de euros de investimento público. Os eixos transversais ao redor do cal se vertebran as políticas do plan son: 

  • A transición ecolóxica
  • A transformación dixital
  • A cohesión social e territorial
  • A  igualdade de xénero

En liña cos obxectivos do MRR, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía vai acometer a obra “Ferrocarril a Ferrazo Fase III”, que xa saíu a licitación, e que contará con financiamento a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

No apartado Obras e proxectos desta páxina web dispón de información sobre a obra. Igualmente, no Perfil do Contratante dla Autoridade Portuaria recóllense todos os documentos relativos á licitación actualmente aberta. 

Gestión de los fondos MRR

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN MATERIA ANTIFRAUDE
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía, como Organismo Beneficiario dos Fondos Next Generation, MRR e de conformidade coas obrigas legais relativas á xestión dos mencionados fondos, fai pública a súa Declaración Institucional Antifraude, aprobada polo seu Consello de Administración.
Declaración institucional antifraude

PLAN DE MEDIDAS ANTIFRAUDE
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía, como Organismo Beneficiario dos Fondos Next Generation, MRR e de conformidade coas obrigas legais relativas á xestión dos mencionados fondos, aprobou con data 28 de decembro de 2022 o seu Plan de Medidas Antifraude.
Plan de medidas antifraude

Proxecto Ferrocarril a Ferrazo Fase III

DESCRICIÓN: Redacción proxecto Ferrocarril a Ferrazo fase III.

OBXECTIVO: Actuaciones de sostibilidade

LICITACIÓN: 14.900,00 €

ADXUDICACIÓN: 14.000,00 €

DATA ADXUDICACIÓN: 20/05/2021

EMPRESA CONTRATISTA: Ingeniería del Noroeste, S.L.

VALOR SUBVENCIONABLE: 100%

DESCRICIÓN: Servizo de avaliación de risco e operabilidade do proxecto de Ferrocarril a Ferrazo fase 3 (ASBO NOBO).

OBXECTIVO: Actuaciones de sostibilidade

LICITACIÓN: 14.000,00 €

ADXUDICACIÓN: 7.850,00 €

DATA ADJUDICACIÓN: 30/03/2022

EMPRESA CONTRATISTA: Ricardo Certificación Iberia, S.L.

VALOR SUBVENCIONABLE: 100%