LA Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova a súa colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico
O presidente do Porto, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta mañá co presidente e o xerente da Fundación

O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro, e o xerente desta organización sen ánimo de lucro, Fernando Alonso.
Neste encontro, celebrado en dependencias da Autoridade Portuaria, os representantes da Fundación expuxeron ao presidente cales son os proxectos nos que traballa actualmente este organismo, as súas actividades e os seus retos de futuro. A Fundación actúa tanto no ámbito da loita contra o narcotráfico como na prevención do consumo mediante actividades relacionadas co deporte e a cultura: así, a FGCN organiza a exposición Saudarte para a promoción de hábitos de vida saudable mediante a expresión artística; e desenvolve actividades deportivas para mozos de 12 a 18 anos a través do programa EU Saúde. Outras iniciativas destacadas son a campaña Panos Brancos contra a Droga o a celebración de gala anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico, coa entrega das Nécoras de Ouro, que recoñecen o labor de persoas e entidades especialmente destacadas no ámbito das drogodependencias e a loita contra o narcotráfico. A Fundación desenvolve a súa actividade en toda Galicia, pero focaliza varias das súas propostas no ámbito xeográfico da Ría de Arousa, nas súas dúas marxes.
O presidente do porto arousán, José Manuel Cores Tourís, destacou a importancia do labor que desenvolve a Fundación para a prevención e sensibilización social fronte ao consumo e o tráfico de drogas, entre as que –ademais das xa mencionadas- cóntase a celebración de xornadas profesionais ou o teléfono antidroga. Para contribuír ao mellor cumprimento dos fins da FGNC, e considerando a súa importancia para toda a sociedade arousá, o presidente confirmou que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía continuará apoiando á Fundación para facilitar o desenvolvemento dos seus proxectos e actividades, como vén facendo desde hai varios anos.
Porto de Vilagarcía, 29 de xuño de 2022.

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
Pagination
- Previous page
- Page 7
- Páxina Seguinte