O Porto de Vilagarcía pon a proba o seu Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección cun simulacro de incendio
A Autoridade Portuaria tamén revisou o seu Plan de Protección do Porto cun exercicio de mesa, con participación de Policía Nacional e Garda Civil

O Porto de Vilagarcía foi escenario esta mañá do segundo simulacro programado para esta semana, e que serviu para poñer a proba o seu Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección (PEIA). Nesta ocasión, o suposto para traballar foi un incendio nun edificio de oficinas situado no interior do recinto portuario.
O exercicio comeza o torno ás 9.30 horas, cunha chamada na que un camioneiro chama á Policía Portuaria para advertir que está a ver saír fume do edificio da antiga sede de SESTIVA, onde é posible que se declarou un pequeno incendio. O policía portuario que atende a chamada telefónica, solicita información sobre localización, tipo de sinistro, e no seu caso, persoas afectadas e danos materiais.
A Policía Portuaria posiciona as cámaras do sistema de vixilancia do porto cara ao lugar do suceso, e envíase a unha patrulla para verificar a información. Unha vez comprobados que os feitos referidos son certos, procédese a evacuar a zona afectada e establecer un perímetro de seguridade.
A Policía Portuaria contacta co Xefe de Seguridade e Operacións Portuarias, o cal procede a realizar unha avaliación preliminar da situación e activa provisionalmente a FASE de emerxencia no nivel VERDE do PEIA do porto de Vilagarcía, aplicando o criterio de precaución. Tamén informa de inmediato á Directora do Porto, que se despraza ao centro de control, e quen asume a dirección da emerxencia. O Xefe de Seguridade e Operacións Portuarias consulta no PEIA, anexo IV, a ficha de actuación nº9.- INCENDIO EN OFICINAS / ALMACENES O operador do Centro de Control realiza as chamadas correspondentes á activación do PEIA no nivel VERDE e mobiliza aos grupos de actuación.
O Xefe de Seguridade e Operacións Portuarias trasládase ao lugar da emerxencia, exercendo as funcións de coordinador de operacións no posto de mando avanzado (PMA).
Ante a imposibilidade de acceder ao edificio, xa que a gran cantidade de fume presente esixe a utilización de equipos de respiración autónoma, o coordinador de operacións, en coordinación coa dirección da emerxencia, traslada ao Centro de Control a activación do PEIA na fase AZUL-.
O operador realiza as chamadas correspondentes á activación do PEIA no nivel AZUL e mobiliza aos medios de axuda exterior (Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil) os cales acceden ao lugar do suceso, e actúan de acordo aos seus procedementos e pautas ante un incendio en edificios e oficinas. Tras a intervención, informan o coordinador de operacións de que a situación está controlada, sen vítimas e precísase ventilación do edificio. O coordinador de operacións, pola súa banda, informa o Centro de Control e ao director da emerxencia de que esta está controlada, polo que o director da emerxencia decreta o Fin da emerxencia. A duración do exercicio foi de aproximadamente 30 minutos.
Á finalización dese simulacro, a Autoridade Portuaria realizou un exercicio de mesa para testar o Plan de Protección do Porto, o cal contou con representación da Garda Civil e a Policía Nacional. Este exercicio non supuxo a mobilización de medios e recursos, senón que serviu para a revisión conxunta por parte de todas as administracións con competencia nesta materia dos procedementos establecidos, para a súa avaliación e, no seu caso, proposta das modificacións que se estimen oportunas para a optimización dos protocolos establecidos.
Porto de Vilagarcía, 28 de outubro de 2022.

O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto
No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano

Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado
A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo
O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte