O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada
A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo, día 18 de xuño, a escala do cruceiro “Europa”. Trátase do cuarto cruceiro que arriba ao porto arousán nesta tempada, despois da chegada en abril do “National Geographic Resolution” e “Sirena”, e en maio do “Sexa Cloud Spirit”. A bordo viaxan máis de seiscentas persoas, sumando pasaxe e tripulación.
O “Europa” é un cruceiro da navieira Hapag-Lloyd, con bandeira de Malta. Ten 198 metros de eslora e durante a súa escala en Vilagarcía está atracado no peirao de Ferrazo Norte. A chegada a porto tivo lugar pouco antes das sete da mañá e a súa saída producirase ás seis da tarde.
O “Europa” arribou a Vilagarcía procedente de Leixoes, e o seu seguinte porto de escala será o da Pallice, en Francia. O “Europa” é un cruceiro con capacidade para 400 pasaxeiros, aos que hai que engadir os tripulantes. A maior parte dos seus pasaxeiros proceden de países de lingua alemá.
Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía dos visitantes, a Autoridade Portuaria habilitou un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e o centro urbano, prestado por medio do tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante, atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria.
Porto de Vilagarcía, 16 de xuño de 2023.

O Porto inicia os trámites para a venda da parcela do Ramal e aproba un convenio co Concello para a antiga Comandancia
O obxectivo do convenio é permitir a construción dun novo centro de saúde mediante a cesión á Consellería de Sanidade, por parte do Concello, da antiga Comandancia

Caylu obtén o III Premio Ría de Arousa de ideas empresariais no ámbito marítimo-portuario e loxístico
. O galardón, convocado pola asociación de Novos Empresarios AJE Pontevedra co apoio da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, ten como obxectivo fomentar o emprendemento e a creación de emprego. SEntregáronse tamén tres accésits e un premio honorífico

Vilagarcía pecha o terceiro trimestre do ano con 1,1 millóns de toneladas de tráfico portuario e apunta a un final de ano en cifras récord
O porto de Vilagarcía contabiliza nos nove primeiros meses do ano un tráfico portuario de 1.109.291 toneladas, cifra que supera nun 28% os seus rexistros do mesmo período do pasado exercicio.
Pagination
- Previous page
- Page 21
- Páxina Seguinte