O Porto de Vilagarcía recibe por primeira vez na súa historia un cruceiro con máis de mil pasaxeiros a bordo

O Porto de Vilagarcía recibe por primeira vez na súa historia un cruceiro con máis de mil pasaxeiros a bordo

O "Marina", que xa recalou no porto arousán o pasado ano, repite visita. O buque da naviera Oceania Cruises realizará unha escala de 10 horas de duración

El Puerto de Vilagarcía recibe hoxe domingo, día 9 de outubro, a escala do buque “Marina”, o primeiro dos dous cruceiros programados para este mes. A bordo do buque viaxan un total de 1.075 pasaxeiros, o que fai do “Marina” o crucero con maior número de pasaxeiro que teña feito escala neste porto.

A chegada do “Marina” ao porto arousán produciuse minutos antes das dez da mañá, e a súa saída está programada para ás oito da tarde. O “Marina” é un buque de bandeira das Illas Marshall, con 239 metros de eslora, pertencente á navieira Oceania Cruises. Arribou a Vilagarcía procedente de Xixón e a súa seguinte parada será no porto de Leixoes. A súa escala en Vilagarcía está consignada por P&J Carrasco. O seu peirao de atracada é  Ferrazo Norte.

Como é habitual en todas as escalas de cruceiros, a Autoridade Portuaria instalou ao pé de peirao un punto de atención ao visitante e ofrecerá un servizo lanzadeira gratuíto para facilitar o desprazamento entre o peirao de atracada e o centro urbano.

A deste domingo é a segunda visita do “Marina” a Vilagarcía, tras a protagonizada en outubro de 2021, nunha dobre escala xunto con outro cruceiro –o “Bolette”- que supuxo a reactivación deste tipo de tráfico no porto de Vilagarcía tras o parón motivado pola pandemia.

Porto de Vilagarcía, 7 de outubro de 2022 

 

O presidente de Puertos del Estado visita o Porto de Vilagarcía de Arousa

Rodríguez Dapena reúnese co presidente, conselleiros, equipo directivo da Autoridade Portuaria e con representantes da Comunidade Portuaria

Os tráficos do porto de Vilagarcía manteñen a súa boa progresión a e as mercadorías medran un 25% nos dous primeiros meses do año 

O crecemento porcentual dos tráficos no porto arousán é o terceiro maior de todo o sistema portuario

Os tráficos do porto de Vilagarcía medran un 40% en xaneiro, consolidando o incremento co que pechou o pasado exercicio

O total de tráfico portuario no primeiro mes do ano ascendeu a 136.585 toneladas, cunha subida de máis do 60% no movemento de graneis sólidos