O Porto de Vilagarcía rexistra en 2019 o mellor balance de tráficos da súa historia, cun incremento do 8,9% con relación ao ano anterior

O Porto de Vilagarcía rexistra en 2019 o mellor balance de tráficos da súa historia, cun incremento do 8,9% con relación ao ano anterior

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o exercicio 2019 co mellor balance de tráficos da súa historia, establecendo un novo máximo anual de movemento de mercadorías.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o exercicio 2019 co mellor balance de tráficos da súa historia, establecendo un novo máximo anual de movemento de mercadorías. O total de toneladas movidas superou os 1,3 millóns, cun incremento do 8,93% con relación ao ano anterior.

Estas excelentes cifras susténtanse en subidas superiores ao 7% en todas as categorías de tráficos portuarios. O maior incremento a peche do exercicio correspondeu ao apartado de mercadoría xeral, que subiu un 10,37% con relación a 2018, sumando 652.902 toneladas. A categoría de graneis líquidos experimentou a segunda maior alza, un 8,79%, alcanzando un total de 182.563 toneladas, mentres que as 479.972 toneladas movidas na categoría de graneis sólidos representan un incremento do 7,09% con relación ao ano anterior. O total de toneladas movidas polo porto foi de 1.315.437, fronte a 1.207.750 toneladas do ano 2018. O do 2019 foi o terceiro récord consecutivo de tráficos portuarios no porto de Vilagarcía, tras os rexistrados en 2017 e 2018.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, valorou moi positivamente estes resultados, “non só porque o incremento de tráficos reforza a posición do porto de Vilagarcía no conxunto do sistema portuario nacional, senón tamén e principalmente porque as cifras poñen de manifesto o importante papel que a Autoridade Portuaria e toda a comunidade portuaria desempeñan para a competitividade e proxección exterior das empresas da nosa área de influencia, contribuíndo así á xeración de riqueza e emprego”.

Franco Malvar engadiu que “a nosa posición xeográfica, comunicacións, infraestruturas e servizos, entre os que debemos destacar o desenvolvemento da intermodalidad marítimo ferroviaria, xunto co compromiso e iniciativa do persoal da Autoridade Portuaria e os operadores portuarios, son algunhas das nosas principais fortalezas á hora de atraer ou consolidar tráficos portuarios”.

A presidenta do porto arousán sinalou que “para esta Autoridade Portuaria é unha prioridade estar preparados para atender de maneira áxil, eficiente e sostible as necesidades dos sectores produtivo e loxístico do noso hinterland, e iso supón non só planificar, mellorar ou ampliar infraestruturas e instalacións cando así se considera preciso, senón tamén orientar o noso labor do día a día á plena satisfacción dos nosos clientes en todos os nosos procedementos, mediante unha cultura corporativa enfocada cara á calidade integral, a mellora continua, a proactividad, e a atención personalizada ás necesidades dos nosos usuarios”.

Iso é clave para o cumprimento da misión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, definida no seu Plan Estratéxico como “converter á comunidade portuaria de Vilagarcía de Arousa no referente loxístico da conectividade exterior e desenvolvemento socioeconómico do seu hinterland en expansión, así como un axente crave no tráfico marítimo do noroeste peninsular”.

Para alcanzar esta meta, a presidenta do porto arousán reivindica a importancia de “garantir unha óptima conectividade para os portos do noroeste a través do Corredor Atlántico ferroviario”, lembrando que “estes corredores constitúen unha ferramenta fundamental para facilitar o acceso aos principais mercados europeos, sen esquecer a súa relevancia para lograr unha adecuada cohesión territorial”.  

Distribución de tráficos portuarios

Na estatística de 2019, as cifras poñen de manifesto a importancia da mercadoría xeral na repartición de tráficos do porto arousán: practicamente a metade de todos os tráficos 2019 estiveron encadrados nesta categoría, mentres que os graneis sólidos supuxeron o 36,5% das toneladas movidas e os graneis líquidos, un 13,9%.

Principales tráficos por categoría y toneldas 2019

Por produtos, destacan os excelentes datos da terminal de contedores da empresa Boluda, a través da cal se moveron un total de 41.257 TEUs, fronte aos 35.039 TEUs do ano anterior (+17,75%). O movemento de contedores supón xa máis da metade de todos os tráficos de mercadoría xeral no porto de Vilagarcía, sumando en 2019 un total de 340.989 toneladas. A continuación por volume de tráficos, na categoría de mercadoría xeral situáronse taboleiro e aluminio, con 143.749 t e 143.647 t, respectivamente.

No apartado de graneis sólidos, é moi reseñable o incremento no movemento de cereais e as súas fariñas, que sumou 211.769 toneladas, fronte ás 162.611 toneladas do exercicio anterior, o que supón un aumento do 30%. O cuarzo, con 93.478 toneladas movidas, e a urea, con 84.450 t, ocupan a segunda e terceira posición nesta categoría por volume de tráficos.

Nos graneis líquidos, o aceite pechou o exercicio cun novo máximo anual: as 91.467 toneladas movidas en 2019 supoñen unha subida do 10,6% con relación ao ano anterior. En segundo e terceiro lugar nesta categoría están o metanol, con 67.797 toneladas, e a parafina, que achegou 15.770 toneladas ao balance de tráficos portuarios.

En canto á comparación coas cifras do sistema portuario estatal, ata o peche de novembro -último mes do que se dispoñen de datos globais- Vilagarcía foi o porto con cuarto maior incremento porcentual de tráficos de todo o sistema, por detrás de Málaga, Santander e Cádiz; o porto arousán incrementou os seus tráficos por encima da media tanto na categoría de graneis sólidos como de mercadoría xeral.

Vilagarcía foi ademais a única das 28 autoridades portuarias que compoñen o sistema portuario estatal que experimentou nos 11 primeiros meses do ano un incremento dos seus tráficos nas tres categorías de tráficos portuarios.  

Comparativa tráficos 2010-2019

O crecemento da mercadoría xeral é un dos factores que posibilitou en maior medida o notable incremento dos tráficos do porto de Vilagarcía na última década. Desde o ano 2010, o número de toneladas movidas nesta categoría multiplicouse por cinco, ao pasar de 130.915 nese ano ás 652.899 do pasado exercicio. No mesmo período, o incremento no global de tráficos portuarios foi do 80%.

 

Reparto tráficos portuarios 2020-2019

Vista áerea muelle de Ferrazo

O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto

No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano

Los participantes en el acto de presentación con las banderas que recibirán los ganadores de la prueba

Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado

A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

Sesión Consejo de febrero de 2025

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo

O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas