O porto recibe a escala do “Hebridean Sky”, o primeiro dos dous cruceiros previstos para setembro

O porto recibe a escala do “Hebridean Sky”, o primeiro dos dous cruceiros previstos para setembro

A bordo do buque, pertencente á navieira Noble Caledonia, viaxan 84 pasaxeiros –na súa meirande parte, de nacionalidade británica- e 71 tripulantes

 O “Hebridean Sky” é un buque de 90 metros de eslora e bandeira de Bahamas. A súa chegada a Vilagarcía produciuse pouco despois das nove da mañá, , procedente da Coruña, mentres que a súa saída está programada ás 21.00 horas, con destino Leixoes. A súa escala no porto de Vilagarcía está consignada por García Reboredo Hnos.

Coa escala do “Hebridean Sky” o porto arousán retoma a actividade de cruceiros nesta segunda metade da tempada 2022, que comezou en maio coa chegada dos buques “Amadea” e “Sexa Cloud Spirit”. Para o mes de outubro están programadas outras dúas escalas.

O peirao de atracada para o “Hebridean Sky” será Ferrazo Norte. Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria puxo ao dispor dos visitantes un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e centro urbano, prestado polo tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, sinala que “a promoción do porto de Vilagarcía como escala para cruceiros de pequeno e mediano tamaño é un dos piares do noso labor comercial, polos beneficios que a chegada destes buques ten para a hostalería e o comercio de Vilagarcía e o resto da comarca e tamén pola súa importancia para a desestacionalización do turismo en Arousa”.

Porto de Vilagarcía, 7 de setembro de 2022. 

Foto de premiados, organización, patrocinadores y colaboradores

Caylu obtén o III Premio Ría de Arousa de ideas empresariais no ámbito marítimo-portuario e loxístico

. O galardón, convocado pola asociación de Novos Empresarios AJE Pontevedra co apoio da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, ten como obxectivo fomentar o emprendemento e a creación de emprego. SEntregáronse tamén tres accésits e un premio honorífico

Panorámica del puerto desde el muelle de Pasaxeiros

Vilagarcía pecha o terceiro trimestre do ano con 1,1 millóns de toneladas de tráfico portuario e apunta a un final de ano en cifras récord

O porto de Vilagarcía contabiliza nos nove primeiros meses do ano un tráfico portuario de 1.109.291 toneladas, cifra que supera nun 28% os seus rexistros do mesmo período do pasado exercicio.

Intercambio de metopas con motivo de la primera visita del Crystal Endeavor a Vilagarcía

O cruceiro de luxo Crystal Endeavor, terceira escala dun crucero nesta tempada no porto de Vilagarcía

O Crystal Endeavor, un crucero de expedición de la navieira Crystal Cruises, está realizando hoxe unha escala en Vilagarcía. Trátase dla terceira escala de cruceiros no porto desta temporada, a cual se estreou o pasado sábado.