O presidente da Xunta presenta no porto o proxecto do centro de recepción de peregrinos náuticos

O presidente da Xunta presenta no porto o proxecto do centro de recepción de peregrinos náuticos

O investimento a realizar por parte da Xunta de Galicia é de case 800.000 euros

Los asistentes al acto, en el muelle de Pasaxeiros

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acudiu esta mañá a Vilagarcía para presentar no peirao de Pasaxeiros o futuro centro de recepción de peregrinos náuticos que se vai a habilitar neste espazo de titularidade portuaria e aberto ao uso público. 

O presidente da Xunta destacou que a posta en marcha deste equipamento vai supoñer un impulso para o Roteiro Traslatio, o único do Camiño de Santiago que permite peregrinar por mar, augas fluviais e por terra. Rueda incidiu tamén no seu discurso na oportunidade que supón o turismo náutico para consolidar a Galicia como un destino atractivo durante todo o ano.

A actuación -explicada polo director general de Turismo, José Manuel Merelles- supón non só a rehabilitación integral do inmoble que no seu día foi sede do Club de Mar, senón tamén a demolición de edificacións anexas a este (almacén e zona de oficinas), así como das construcións existentes no lado esquerdo do peirao de Pasaxeiros -mirando cara ao mar- que levaban anos sen uso; todo o espazo será reurbanizado. O investimento que vai realizar a admnistración autonómica ascende a máis de 790.000 euros. A actuación enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada pola Unión Europea-Next Generation EU.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou na súa intervención que o centro de recepción de visitantes contribuirá a promover Vilagarcía como destino de turismo náutico, xa que ata a data o porto non dispoñía de instalacións específicas para este fin, e puxo en valor os acordos entre administracións como o que permitirá a Vilagarcía dotarse deste equipamento, xa que o proxecto presentado hoxe é a materialización dun convenio asinado no verán de 2024 entre a Autoridade Portuaria e a Axencia Turismo de Galicia. Tourís adiantou tamén que a intención é que a actuación se complemente coa instalación dun pantalán para atracada de catamaráns.

O acto -ao que tamén asistiron o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, entre outras autoridades- contou igualmente coa intervención de representantes da administración local. Álvaro Carou, concelleiro de Turismo de Vilagarcía, lembrou que a conveniencia dunha remodelación integral do peirao de Pasaxeiros xa fora abordada en conversacións entre a administración local e a Autoridade Portuaria e celebrou que a colaboración institucional vaia a permitir agora a materialización desta iniciativa. 

Porto de Vilagarcía, 1 de febreiro de 2025.

Los mibrmos del Consejo, al comienzo de la reunión

O Consello de Administración acepta a proposta de adxudicación a Vilor Infraestruturas da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo

A terceira fase das obras do ferrocarril a Ferrazo está financiada con fondos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR)

A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal

As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.

Alleamento por adxudicación directa da Draga Aldamiz

Resolución do Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa do 3 de setembro de 2024, pola que se inicia o procedemento para o alleamento por adxudicación directa da embarcación Draga Aldamiz.