Porto de Vilagarcía pecha o mellor primeiro semestre do ano de toda a súa historia, superando as 775.000 toneladas de tráficos
As cifras de xuño, con máis de 150.000 toneladas de mercadoría, impulsaron os rexistros do primeiro semestre deste exercicio

O Porto de Vilagarcía acaba de pechar o mellor primeiro semestre do ano de toda a súa historia, cun tráfico portuario total de 775.731 toneladas. A cifra supera nun 6,2% os rexistros do porto arousán a peche de xuño de 2021, ano no que porto bateu o seu récord histórico de movemento de mercadorías, ao rematar o exercicio con máis de 1,5 millóns de toneladas movidas.
A este excelente resultado contribuíron en gran medida as cifras de xuño, mes no que os tráficos portuarios de Vilagarcía superaron as 156.000 toneladas, o que supón tamén un récord mensual de movemento de mercadorías polos peiraos do porto arousán. A cifra supón unhas 6.000 toneladas máis que o anterior máximo mensual de movemento de mercadorías, establecido en setembro de 2021.
Por categorías, no apartado de graneis sólidos movéronse, nos seis primeiros meses do ano, un total de 173.272 toneladas. Os graneis líquidos, pola súa banda, pechan o semestre cun total de 161.783 toneladas movidas. Finalmente, a categoría de mercadoría xeral continúa encabezando de maneira moi destacada o balance de tráficos portuarios, xa que o total de toneladas movidas neste apartado supera o total de graneis (sumando sólidos e líquidos).
A mercadoría xeral movida entre xaneiro e xuño polos peiraos arousáns achega un total de 436.814 toneladas ao balance de tráficos portuarios, o que representa un incremento porcentual do 9,4% con relación ás cifras do pasado ano. Desta cantidade, 151.266 toneladas corresponden ao movemento de contedores, equivalentes a 17.435 TEUs. O incremento porcentual no movemento de TEUs con respecto ao primeiro semestre de 2021 foi do 6,2%.
En canto á mercadoría xeral convencional, suma 285.548 toneladas a peche de xuño, co aluminio e o taboleiro como os produtos que achegan maior número de toneladas nesta categoría. Unha cifra destacable é que nunca con anterioridade a Autoridade Portuaria de Vilagarcía movera máis de 400.000 toneladas de mercadoría xeral nun primeiro trimestre do ano, e só en catro ocasiones superara as 300.000 toneladas nesta categoría no período xaneiro-xuño.
Porto de Vilagarcía, 15 de xullo de 2022

O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto
No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano

Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado
A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo
O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte