Presidente de Autoridade Portuaria e alcalde asinan a compravenda da parcela da antiga Comandancia

Presidente de Autoridade Portuaria e alcalde asinan a compravenda da parcela da antiga Comandancia

Tourís apuntou que a Autoridade Portuaria está disposta a seguir colaborando con iniciativas e proxectos que redunden en beneficio de Vilagarcía e os vilagarciáns

Desde esta mañá, a parcela da antiga Comandancia de Mariña de Vilagarcía deixou de ser titularidade da Autoridade Portuaria de Vilagarcía para pasar a ser propiedade do Concello. Os representantes de ambas as institucións asinaron hoxe a compravenda da parcela, que acollerá o futuro centro de saúde de Vilagarcía. 

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria dera este mesmo mércores o último paso na tramitación para posibilitar a venda da parcela á administración local. O procedemento completouse en pouco máis dun ano, segundo destacaron presidente e alcalde na rolda de prensa que ofreceron con posterioridade a esta firma. A parcela, dunha superficie de máis de 4.500 metros cadrados, foi adquirida polo Concello de Vilagarcía por un prezo de 1.157.406,76 €. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, lembrou que a orixe desta operación é un acordo a tres bandas entre Concello, Autoridade Portuaria e a Consellería de Sanidade, xa que a parcela, unha vez demolida a antiga Comandancia por parte do Concello, será cedida á administración autonómica para a construción do novo centro de saúde. 

Tourís sinalou que o feito da que Xunta de Galicia proxectase a realización dun importante investimento en Vilagarcía para a dotación deste equipamento sanitario serviu de aliciente para as dúas administracións esforzásense en chegar a un acordo satisfactorio para ambas as partes, a fin de poder facilitar á Consellería de Sanidade uns terreos adecuados para este fin.

Pola súa banda o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, apuntou que a parcela é “idónea” para a construción dun centro de saúde e lembrou que a opción da súa adquisición é menos gravosa para as arcas municipais que a da concesión, que foi a fórmula pola que inicialmente se posibilitou -como solución transitoria- que eses terreos puidesen ser xestionados polo Concello de Vilagarcía. Igualmente, Varela apuntou ao “bo entendemento” entre o Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria como un das claves deste acordo, cuxa materialización se produciu nun prazo inferior ao inicialmente estimado. 

Porto de Vilagarcía, 30 de decembro de 2022

Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.

O Porto de Vilagarcía acolle unha operativa de embarque de barcos bateeiros con destino ao porto africano de Nuadibú

O peirao de O Ramal do porto de Vilagarcía está a ser escenario esta semana dunha operativa para o embarque no buque Eider de 17 barcos bateeiros con destino Nuadibú (Mauritania).

Portos do Estado e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía consensúan o Plan de Empresa 2020-2024

O presidente de Portos do Estado, Francisco Toledo, mantivo unha reunión de traballo, mediante videoconferencia, con Sagrario Franco e Begoña Mesejo, presidenta e directora, respectivamente, da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.