A terminal de contenedores de Boluda en Ferrazo amplía os seus servizos ao recibir como cliente a Nirint Shipping
O servizo, que se suma ás conexións marítimas que xa ofrece a propia Boluda, conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe e Canadá

Boluda Maritime Terminals (BMT), operador líder de terminais marítimas de España, expande os seus servizos recibindo un novo cliente, Nirint Shipping, no seu terminal de Ferrazo no porto de Vilagarcía. A primeira escala programada co buque MV Augusta Luna está prevista para o venres 14 de xullo.
Boluda Maritime Terminals Villagarcía é unha plataforma loxística situada ao fondo da ría de Arousa, na costa atlántica de Galicia. As súas instalacións contan con tres liñas de atracada de 860 m, unha superficie de 52.710 m2 e un calado de 13 metros. Dispón de 90 conexións para contedores frigoríficos e unha capacidade máxima de 150.600 TEUs/ano.
Nirint Shipping, empresa europea dedicada ao transporte marítimo, elixiu a Boluda Maritime Terminals para expandir o seu servizo que conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe (Barcadera, Willemstad, Bonaire, Santiago de Cuba, Mariel, Moa,) e Canadá (Halifax). A súa localización estratéxica permitirá envíos desde Galicia e Portugal de contedores secos e refrixerados.
A Terminal de Vilagarcía dispón de 2 guindastres pórticos, máis de 50.000 m2 de superficie, instalacións para enchido de contedores, zona para reparación de equipos, máis de 90 conexións reefer e conexión ferroviaria, e únese aos servizos de contedores regulares con Portugal, Illas Canarias, Santander e África Occidente.
Gonzalo Calero, CEO de Boluda Maritime Terminals, destaca que “nos enorgullece recibir a Nirint Shipping na terminal de Vilagarcía," engadindo que "Boluda Maritime Terminals está máis que preparada para brindar un servizo óptimo e fortalecer a operativa de Nirint nas súas conexións atlánticas co Caribe”.
13 de xullo de 2023.

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
Pagination
- Previous page
- Page 7
- Páxina Seguinte