Aceites Abril proxecta ampliar o seu centro loxístico no porto de Vilagarcía, aumentando a súa capacidade actual nun 75%
A empresa aceiteira galega Aceites Abril proxecta reforzar a súa presenza no porto de Vilagarcía a través dunha ampliación das súas actuais instalacións, nas que se sitúa un centro loxístico de recepción, almacenamento e distribución de aceite.

A empresa aceiteira galega Aceites Abril proxecta reforzar a súa presenza no porto de Vilagarcía a través dunha ampliación das súas actuais instalacións, nas que se sitúa un centro loxístico de recepción, almacenamento e distribución de aceite.
A empresa prevé ampliar a superficie do seu actual terminal de graneis líquidos nun 21,2%, incorporando á mesma unha parcela anexa, de 396 metros cadrados de superficie, que estaba libre ata a data. O proxecto -que pola superficie incorporada, supón unha modificación substancial da concesión- está a exposición pública na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
A empresa Aceites Abril prevé construír nesta ampliación catro depósitos cunha capacidade de 1.500 metros cúbicos cada un. Na actualidade, os depósitos cos que a compañía conta no porto de Vilagarcía teñen unha capacidade conxunta de 7.930 metros cúbicos, co cal o proxecto presentado supón incrementar a capacidade das súas instalacións nun 75%, ata alcanzar case os 14.000 metros cúbicos. A finalidade é dotar ao recinto de maior marxe de manobra para o almacenamento de stocks.
A compañía ourensá empezou a operar no Porto de Vilagarcía a finais de 2015, pechando ese exercicio cun total de 8.025 toneladas movidas no último trimestre do ano. En 2016, primeiro ano íntegro de actividade, o tráfico total no seu terminal de graneis líquidos do porto de Vilagarcía foi de 62.876 t. En 2017 aumentou ata as 76.526 t, e en 2018 sumou 82.712 toneladas. A peche de 2019, a cantidade de aceite movida por estas instalacións ascendeu a 91.448 toneladas.
Porto de Vilagarcía, 26 de xuño de 2020.

A Autoridade Portuaria formaliza a venda da parcela da Comandancia ao Concello e aproba a firma dun convenio con Turismo de Galicia
O órgano de goberno da Autoridade Portuaria tamén aprobou o Plan de Empresa 2023
O presidente de Puertos del Estado inaugura en Vilagarcía as xornadas técnicas de Relacións Laborais e Recursos Humanos do sistema portuario estatal
A actividade, á que asisten 50 persoas en representación de 22 autoridades portuarias e Puertos del Estado, desenvólvese este xoves e venres

Estudantes de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional do Bouza Brey visitaron o porto de Vilagarcía
A pasada semana, a Autoridade Portuaria recibiu a un grupo de alumnos de primaria do CEIP Arealonga
Pagination
- Previous page
- Page 12
- Páxina Seguinte