O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

El puerto de Vilaxoán acoge este domingo la decimosexta edición de la bandera de bateles Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Este domingo, en augas de porto de Vilaxoán, disputarase a decimo sexta edición da bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía”. A partir das 11 da mañá aproximadamente 00 tripulacións de toda a provincia competirán nun total de 12 categorías -alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub23 e absoluto, tanto en modalidade masculina como feminina- co obxectivo de alzarse coa vitoria nesta proba.

A bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía” foi presentada esta mañá nun acto celebrado na Autoridade Portuaria. A directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, destacou que “estamos encantados de colaborar con eventos relacionados co deporte e o mar”, e desexou os maiores éxitos á organización no desenvolvemento dunha proba xa veterana e que está incluída na liga galega de bateis. En total serán once os clubes da provincia que disputarán esta proba. 

Rogelio Tarrío, presidente do Club de Remo Vilaxoán -que organiza o evento-, agradeceu a colaboración da Autoridade Portuaria coa entidade en todo momento e desde hai moitos anos, e destacou que serán aproximadamente uns 500 deportistas os que se desprazarán a Vilagarcía para competir nesta proba. Tarrío explicou que o campo de regatas constará de 4 rúas de 500 metros de lonxitude, e a súa situación será como todos os anos na contorna do peirao de Vilaxoán. O presidente do Club de Remo tamén tivo palabras de agradecemento para o concello pola súa colaboración para a celebración desta proba, engadindo que as previsións de vento non son as óptimas para a disputa da bandeira, nun ano en que as meteoroloxía adversa xa obrigou a suspender varias das probas desta especialidade en Galicia. 

Pola súa banda o concelleiro de Deportes do Concello de Vilagarcía, Carlos Coira, tamén tivo palabras de agradecemento para o Club de Remo Vilaxoán polo seu traballo, e celebrou a colaboración entre administracións –Porto e Concello- para facilitar a disputa desta bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía” que alcanza este ano a súa edición número 16. 

Porto de Vilagarcía, 22 de marzo de 2024.

A terminal de contenedores de Boluda en Ferrazo amplía os seus servizos ao recibir como cliente a Nirint Shipping

O servizo, que se suma ás conexións marítimas que xa ofrece a propia Boluda, conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe e Canadá

Sede Autoridad Portuaria Vilagarcía

O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Código Ético e de Conduta así como a creación do seu Sistema Interno de Información

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada

A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación