O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

Os cruceiros retornan este sábado ao porto de Vilagarcía cunha doble escala a cargo do Bolette e o Marina
En total, arribarán a Vilagarcía máis de 2.000 persoas, entre pasaxeiros e e tripulantes. Os peiraos de escala serán Ferrazo Norte e Comboa
Os tráficos portuarios soben en xullo en Vilagarcía un 23%, e o incremento acumulado en 2021 alcanza o 31%
Os incrementos nas categorías de mercadoría xeral e graneis sólidos aproxímanse ao 40%, cos graneis líquidos tamén en positivo
O Porto pecha o primeiro semestre do ano con máis de 725.000 toneladas de tráfico portuario, un 31% máis que en 2020
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, comunicou o dato aos membros do Consello de Administración na sesión celebrada por medios telemáticos o 30 de xuño.
Pagination
- Previous page
- Page 23
- Páxina Seguinte