O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Código Ético e de Conduta así como a creación do seu Sistema Interno de Información

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada
A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación

O Porto de Vilagarcía medra en tráficos con relación ao pasado ano e establece un novo récord no acumulado do periodo xaneiro-maio
O dato foi posto en coñecemento do Consello de Administración polo presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, na sesión ordinaria celebrada o 31 de maio
Pagination
- Previous page
- Page 9
- Páxina Seguinte