O porto recibe ao Hebridean Sky, primeiro cruceiro da tempada
A pasaxe está composta por aproximadamente cen persoas, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica

O porto de Vilagarcía abre hoxe a tempada de cruceiros coa escala do “Hebridean Sky”, da navieira Nobre Caledonia, un cruceiro de 90 metros de eslora e bandeira de Gran Bahamas. O buque atracou esta mañá no peirao de Ferrazo Norte con 104 pasaxeiros a bordo, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica, e 73 tripulantes.
O “Hebridean Sky” efectuou a súa entrada ás sete e media da mañá, procedente do Porto, e deixará o porto arousán ás seis e media da tarde, con destino A Coruña. O buque comezou o seu itinerario en Málaga o día 1 de maio e finalizarao en Portsmouth o sábado, día 11 de maio. O descubrimento de pazos da contorna de Vilagarcía, coa súa riqueza patrimonial e paisaxística, é unha das actividades das que a pasaxe poderá gozar durante esta escala.
Durante a súa estancia no noso porto, tripulantes e pasaxeiros poderán desprazarse comodamente ata o centro mediante un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano prestado polo tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria.
Neste mes de maio está prevista a chegada doutros dous cruceiros ao porto de Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 6 de maio de 2024.

Porto de Vilagarcía pecha o mellor primeiro semestre do ano de toda a súa historia, superando as 775.000 toneladas de tráficos
As cifras de xuño, con máis de 150.000 toneladas de mercadoría, impulsaron os rexistros do primeiro semestre deste exercicio

A Autoridade Portuaria aproba a cesión ao Concello de Vilagarcía dunha nave para actividades e ensinanzas náuticas y deportivas
Tamén se iniciou o procedemento para a venda á administración local da antiga Comandancia, unha vez aprobada a súa desafectación

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova a súa colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico
O presidente do Porto, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta mañá co presidente e o xerente da Fundación
Pagination
- Previous page
- Page 16
- Páxina Seguinte