O Porto recibe a visita de xubilados e de alumnos do ciclo de Transporte e Loxística, e do ciclo superior de Xestión de Vendas
As visitas permiten aos participantes coñecer o funcionamento do porto mediante unha presentación e un percorrido en autocar polo recinto portuario

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía recibiu esta semana a visita de dous colectivos. Por unha banda, o mércores pola tarde desprazábase ata o porto arousán un grupo de xubilados vinculados pola súa pertenza ao sindicato UXT, integrado por 42 persoas.
O venres foi un grupo dunha trintena de alumnos do CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía, que están a cursar o Ciclo de Transporte e Loxística ou ben o Ciclo Superior de Xestión de Vendas quen, acompañados de dous docentes, realizaron unha visita didáctica ao porto arousán.
A realización de visitas ao porto é unha actividade que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía leva a cabo para centros educativos e asociacións da súa área de influencia, co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre o porto de Vilagarcía e da súa importancia para a economía da comarca, como axente crave dos intercambios comerciais das empresas da área de influencia do porto, e como xerador de riqueza e emprego. O programa desenvólvese baixo o título “Bienvenido ao teu porto”, e a información sobre o mesmo está dispoñible na web da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, no apartado Porto e Cidade.
As visitas comezan cunha presentación na sala de conferencias da Autoridade Portuaria, na que se explica brevemente o funcionamento do sistema portuario español, as infraestruturas e servizos do porto de Vilagarcía, os seus principais tráficos e o seu papel na loxística do tecido produtivo da nosa contorna. A continuación, o grupo realiza un percorrido polos peiraos do recinto portuario, en autocar, durante o cal poden ver o desenvolvemento de diversas operativas portuarias así como as instalacións e equipamento coas que conta o porto para o desenvolvemento da súa actividade. A actividade pode adaptarse na súa duración e contidos abordados ao perfil dos grupos participantes, que vai desde alumnos de primaria a universitarios, xubilados, e outro tipo de colectivos.
Porto de Vilagarcía, 28 de outubro de 2023.

O porto recibiou a visita do Sirena, segundo cruceiro desta tempada
Arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e zarpou pouco despois das catro. A bordo viaxan 651 pasaxeiros e case 400 tripulantes

A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria

La Autoridad Portuaria homenajea a tres trabajadores que cumplen 25 y 50 años como empleados de la organización
Os homenaxeados compartiron co presidente algunhas anécdotas da súa traxectoria profesional na Autoridade Portuaria
Pagination
- Previous page
- Page 10
- Páxina Seguinte