O presidente da Autoridade Portuaria e a presidenta do Consello Regulador do Mexillón de Galicia manteñen a súa primeira reunión
O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, mantivo este mércores un encontro coa presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, Lina Solla.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, mantivo este mércores un encontro coa presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, Lina Solla.
A presidenta, que accedeu a este cargo en novembro de 2020, e Cores Tourís –o cal tamén foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía a finais do pasado ano- celebraron unha reunión de carácter institucional, na que se puxo de manifesto a importancia da colaboración e o bo entendemento entre a Autoridade Portuaria e o Consello Regulador, organismo que ten a súa sede en terreos da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
A presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia expuxo a Cores Tourís a situación do sector e da DOP; e que afronta esta etapa con metas como a consolidación do Consello Regulador como casa común de todos os operadores do sector do mexillón en Galicia, o fortalecemento da notoriedade e prestixio da DOP nos mercados, o recoñecemento público e institucional do cultivo do mexillón en Galicia como actividade sostible ou a mellora da competitividade para todos os operadores.
Pola súa banda, Cores Tourís felicitou á presidenta do Consello Regulador polo reforzo da imaxe internacional do mexillón de Galicia que supón a autorización –dada a coñecer esta mesma semana- para que os produtos elaborados con Mexillón de Galicia, mesmo cando fosen sometidos a un tratamento tecnolóxico ou de conserva, poidan utilizar o símbolo comunitario nas súas etiquetas xunto ao selo propio da DOP, como xa ocorre co produto fresco. O presidente portuario puxo en valor o labor que desenvolve o Consello Regulador do Mexillón de Galicia como organismo que traballa para fomentar a calidade do mexillón, así como para a promoción de iniciativas socioeconómicas para a mellora do tecido produtivo vinculado ao mesmo.
Cores Tourís tamén mencionou o gran peso que o sector mexilloeiro, en todas as súas facetas, ten en toda Galicia pero, moi particularmente, na Ría de Arousa. O presidente tamén puxo ao dispor de todas as empresas que forman parte da DOP o porto de Vilagarcía como plataforma loxística para o seu acceso a mercados exteriores.
Porto de Vilagarcía, 14 de xaneiro de 2021.

O Cluster dá Función Loxística de Galicia desenvolve unha plataforma de innovación loxística para que Galicia avance en intelixencia de negocio
O presidente do Cluster dá Función Loxística de Galicia e a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa presentaron hoxe en rolda de prensa a LDP

Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía que contou coa presenza do presidente da Xunta
Pagination
- Previous page
- Page 28
- Páxina Seguinte