Vilagarcía bate o seu récord anual de tráficos portuarios, con 1.377.631 toneladas de mercadoría a falta dun mes para que termine o exercicio
O porto de Vilagarcía acaba de establecer un novo récord anual de movemento de mercadorías ao contabilizar no acumulado a peche de novembro, un total de 1.377.631 toneladas de mercadoría movida polos peiraos arousáns. É moi destacable que este récord prodúcese a falta dun mes para terminar o exercicio, de maneira que nas próximas semanas continuará incrementándose a diferenza entre o balance de tráficos de 2021 e o anterior récord de tráficos portuarios, establecido en 2019 con 1.315.419 toneladas.

O Porto dá o seu visto e prace ao proxecto de Turismo de Galicia para a execución da mellora do Faro de Sálvora
Aprobouse tamén un proxecto para mellora das naves do Ramal que ten en concesión a Organización Empresarial Parquistas de Carril

O Porto recibe a visita de xubilados e de alumnos do ciclo de Transporte e Loxística, e do ciclo superior de Xestión de Vendas
As visitas permiten aos participantes coñecer o funcionamento do porto mediante unha presentación e un percorrido en autocar polo recinto portuario

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio
Pagination
- Previous page
- Page 7
- Páxina Seguinte