A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle durante esta semana un curso para a formación dos servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques atracados en porto, no que participan 40 persoas.
A realización desta formación foi unha iniciativa conxunta da Autoridade Portuaria e Capitanía Marítima de Vilagarcía, quen solicitou a súa celebración nas dependencias da Autoridade Portuaria arousá á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP): Esta actividade está dirixida a servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos de protección civil e emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais.
O curso inclúese no programa de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública. O curso foi inaugurado esta mañá, nun acto no que interviñeron, ademais José Manuel Cores Tourís, presidente da Autoridade Portuaria, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva. Tamén asistiron á inauguración do curso o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2023.

O Porto de Vilagarcía medra en tráficos con relación ao pasado ano e establece un novo récord no acumulado do periodo xaneiro-maio
O dato foi posto en coñecemento do Consello de Administración polo presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, na sesión ordinaria celebrada o 31 de maio

O “Sea Cloud Spirit” regresa a Vilagarcía exactamente un ano e un día despois da súa primeira escala neste porto
Trátase de un velero de tres mastros, construído no ano 2021

O porto de Vilagarcía establece en abril un novo récord mensual de tráfico portuario e supera as 500.000 toneladas no cuadrimestre
O acumulado na categoría de mercadoría xeral rexistra un dos seus mellores peches do primeiro cuadrimestre do ano
Pagination
- Previous page
- Page 9
- Páxina Seguinte