A Autoridade Portuaria acolle un simulacro de loita contra a contaminación mariña
O exercicio non implicou o despregamento de medios. A súa finalidade é testar a coordinación e capacidade de resposta ante un incidente na mar

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, a través da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa, realizou esta mañá un exercicio de loita contra a contaminación mariña que simula unha vertedura accidental de metanol en augas interiores do porto de Vilagarcía. Faio coa intervención da área de Contaminación Mariña da Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
O exercicio foi de mesa, o cal significa que non houbo despregamento de medios humanos nin materiais. O suposto sobre o que se traballou foi o derrame de 800 toneladas de metanol á auga, provocando unha nube tóxica que obriga a activar o Plan de emerxencias interior e de autoprotección do Porto de Vilagarcía, e que escala ao PLATERGA (Plan Territorial de Emerxencias de Galicia).
A finalidade do exercicio é testar a capacidade de resposta e coordinación dos diferentes organismos que deberían participar na xestión dun incidente como o abordado no exercicio. Os organismos e entidades participantes foron: Capitanía Marítima de Vilagarcía, Salvamento Marítimo, Autoridade Portuaria de Vilagarcía, os servizos técnico-náuticos do Porto, Protección Civil, 112 Emerxencias, Consorcio de Bombeiros-Deputación de Pontevedra, Delegación do Goberno, Armada, e a responsables da área de Contaminación Mariña da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Como é habitual neste tipo de actividades, á súa finalización realízase unha valoración a fin de detectar posibles áreas de mellora a nivel técnico, material e humano.
Este exercicio, que xa se iniciou cunha xornada de preparación que tivo lugar onte mércores, dá continuidade ao proxecto europeo IRA-MAR, que ten como cometido avaliar o comportamento de derrames de substancias nocivas e potencialmente perigosas nos portos españois. Este ano desenvolveranse simulacros destas características nun total de 17 portos españois.
Porto de Vilagarcía, 30 de maio de 2024.

A Autoridade Portuaria pecha o ano 2021 cun récord histórico: máis de 1,5 millóns de toneladas movidas e un incremento do 25%
Batéronse máximos anuais en cinco produtos. O movemento de mercadoría xeral superou as 800.000 toneladas. o que supón 150.000 máis que o seu anterior máximo anual.

A Autoridade Portuaria obtén a verificación independente do seu inventario de emisións e certifica a súa compensación
A Autoridade Portuaria tamén superou la auditoría de seguemento das certificacións ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aproba a venda da parcela da Concha-O Ramal ao Concello de Vilagarcía
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria, reunido esta mañá de maneira telemática, aprobou allear ao Concello de Vilagarcía a parcela de O Ramal por importe de 1.886.120,46 €.
Pagination
- Previous page
- Page 19
- Páxina Seguinte