A Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsa unha mostra fotográfica virtual e colaborativa como homenaxe ante a crise do COVID-19
Recoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se expón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento e marea".

Recoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se expón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento e marea”, unha exposición fotográfica virtual e colaborativa exposta como mostra de solidariedade e homenaxe.
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía recompilará testemuños fotográficos para mostrar –desde a perspectiva dos cidadáns- como a nosa sociedade adaptouse, con compromiso e responsabilidade, a esta situación excepcional: traballadores de servizos esenciais, persoal sanitario, teletraballo, situacións cotiás, etc. Trátase dunha iniciativa impulsada polo porto de Valencia e á que se sumaron diversas Autoridades Portuarias de toda España.
Para poder desenvolver esta iniciativa a Autoridade Portuaria convida tanto a afeccionados á fotografía como a profesionais a enviar imaxes para compartir a súa experiencia e a súa vivencia desta crise. As fotografías deberán remitirse á dirección de correo electrónico contravientoymarea@portovilagarcia.es, expresamente creada para este fin. As imaxes recibidas poderanse ver en galerías fotográficas tanto na web da Autoridade Portuaria como na súa páxina de Facebook. No texto da mensaxe deberá facerse constar o nome da imaxe e nome do autor da fotografía, así como autorizar expresamente á Autoridade Portuaria a utilizar a imaxe na mostra. As fotografías deberán ser orixinais e o remitente das mesmas deberá ser o seu autor. A normativa así como o modelo para autorizar o uso da imaxe están dispoñibles na seguinte ligazón.

O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao primeiro dos dous cruceiros previstos para esta fin de semana
Desde primeira hora da mañá está atracado en Ferrazo Norte o National Geographic Explorer. O domingo espérase ao Island Sky

O porto recibe ao Hebridean Sky, primeiro cruceiro da tempada
A pasaxe está composta por aproximadamente cen persoas, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica

Os tráficos do porto de Vilagarcía remontan en marzo
O presidente informou na sesión do Consello de Administración celebrada o 18 de abril do balance de tráficos do primeiro trimestre, así como das previsión para a tempada de cruceiros
Pagination
- Previous page
- Page 5
- Páxina Seguinte