A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal
As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.

Esta mañá deron comezo na contorna da área lúdica do porto deportivo os traballos para a dotación de instalacións de saneamento no peirao do Ramal. A obra ten un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e deberá estar finalizada no prazo de catro meses.
Os traballos empezaron na área axardinada contigua á zona de lecer do porto deportivo, onde se abriu unha gabia para a instalación de tubaxes. No paseo do porto deportivo tamén está previsto realizar unha actuación similar para permitir levar a canalización ata o peirao do Ramal, onde se desenvolverá o groso da actuación proxectada.
Ata a data O Ramal –uno dos peiraos máis antigos do porto de Vilagarcía- non dispón de instalación de saneamento, xa que historicamente só acolleu naves para almacenamento de mercadorías que non precisaban deste servizo. Pero dado que o peirao está na actualidade enfocándose cara a usos distintos do propiamente comercial-portuario e que se prevé reforzar esta orientación no medio prazo, faise necesario dotar á zona de rede de saneamento, anticipándose á futura demanda deste equipamento básico.
A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos mínimos inconvenientes que a actuación en marcha poida ocasionar.
Porto de Vilagarcía, 28 de novembro de 2024.
O presidente de Puertos del Estado visita o Porto de Vilagarcía de Arousa
Rodríguez Dapena reúnese co presidente, conselleiros, equipo directivo da Autoridade Portuaria e con representantes da Comunidade Portuaria

Os tráficos do porto de Vilagarcía manteñen a súa boa progresión a e as mercadorías medran un 25% nos dous primeiros meses do año
O crecemento porcentual dos tráficos no porto arousán é o terceiro maior de todo o sistema portuario
Os tráficos do porto de Vilagarcía medran un 40% en xaneiro, consolidando o incremento co que pechou o pasado exercicio
O total de tráfico portuario no primeiro mes do ano ascendeu a 136.585 toneladas, cunha subida de máis do 60% no movemento de graneis sólidos
Pagination
- Previous page
- Page 18
- Páxina Seguinte