A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal
As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.

Esta mañá deron comezo na contorna da área lúdica do porto deportivo os traballos para a dotación de instalacións de saneamento no peirao do Ramal. A obra ten un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e deberá estar finalizada no prazo de catro meses.
Os traballos empezaron na área axardinada contigua á zona de lecer do porto deportivo, onde se abriu unha gabia para a instalación de tubaxes. No paseo do porto deportivo tamén está previsto realizar unha actuación similar para permitir levar a canalización ata o peirao do Ramal, onde se desenvolverá o groso da actuación proxectada.
Ata a data O Ramal –uno dos peiraos máis antigos do porto de Vilagarcía- non dispón de instalación de saneamento, xa que historicamente só acolleu naves para almacenamento de mercadorías que non precisaban deste servizo. Pero dado que o peirao está na actualidade enfocándose cara a usos distintos do propiamente comercial-portuario e que se prevé reforzar esta orientación no medio prazo, faise necesario dotar á zona de rede de saneamento, anticipándose á futura demanda deste equipamento básico.
A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos mínimos inconvenientes que a actuación en marcha poida ocasionar.
Porto de Vilagarcía, 28 de novembro de 2024.

Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía que contou coa presenza do presidente da Xunta

O presidente da Autoridade Portuaria e o alcalde de Vilagarcía manteñen a súa primeira reunión institucional
O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantiveron o día 30 de decembro a súa primeira reunión institucional.
Pagination
- Previous page
- Page 28
- Páxina Seguinte