Estudantes de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional do Bouza Brey visitaron o porto de Vilagarcía

Estudantes de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional do Bouza Brey visitaron o porto de Vilagarcía

A pasada semana, a Autoridade Portuaria recibiu a un grupo de alumnos de primaria do CEIP Arealonga

Un grupo de aproximadamente 40 estudantes do Fermín Bouza Brey, alumnos dos ciclos superiores de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional, acompañados por dúas profesoras, realizaron esta semana unha visita ao porto de Vilagarcía. A actividade serviu para que os estudantes coñecesen o funcionamento do porto desde unha perspectiva adaptada á súa formación académica.

A visita comezou cunha presentación na sala de conferencias da Autoridade Portuaria, na que se explicou brevemente o funcionamento do sistema portuario español, as infraestruturas e servizos do porto de Vilagarcía, os seus principais tráficos e o seu papel na loxística do tecido produtivo da nosa contorna. A continuación, o grupo realizou un percorrido polos peiraos do recinto portuario, en autocar, durante o cal puideron ver o desenvolvemento de diversas operativas portuarias así como as instalacións e equipamento coas que conta o porto para o desenvolvemento da súa actividade. A semana pasada foi un grupo de alumnos do colexio Arealonga de Vilagarcía os que realizaron unha visita similar ao porto arousán.

A realización de visitas didácticas ao porto é unha actividade que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía leva a cabo para centros educativos e asociacións do municipio e a comarca, co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre o porto de Vilagarcía e da súa importancia para a economía da comarca, como axente crave dos intercambios comerciais das empresas da área de influencia do porto, e como xerador de riqueza e emprego.

Porto de Vilagarcía, 11 de novembro de 2022

Consejo de mayo 2023

O Porto de Vilagarcía medra en tráficos con relación ao pasado ano e establece un novo récord no acumulado do periodo xaneiro-maio

O dato foi posto en coñecemento do Consello de Administración polo presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, na sesión ordinaria celebrada o 31 de maio

Vista área de la sede de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

O porto de Vilagarcía establece en abril un novo récord mensual de tráfico portuario e supera as 500.000 toneladas no cuadrimestre

O acumulado na categoría de mercadoría xeral rexistra un dos seus mellores peches do primeiro cuadrimestre do ano