
A Autoridade Portuaria dá un paso máis na súa aposta pola eficiencia, a innovación e a dixitalización como ferramentas clave para optimizar o desempeño das súas funcións cun investimento de 688.729,77 euros.
O investimento destinarase á “Ampliación, mellora e mantemento dos sistemas de control de accesos, CCTV, e pesada de vehículos e ferrocarril”. O Consello de Administración da Autoridade Portuaria, reunido o día 24 de setembro, aprobou adxudicar este contrato á empresa Equipos de Sinalización e Control SA, quen presentou a mellor oferta, globalmente considerada, entre as 4 recibidas.
As actuacións programadas non só redundarán nunha maior axilidade e eficiencia do sistema de control de accesos ao porto, senón que repercutirán positivamente en todo o ámbito da seguridade, e permitirán optimizar procesos asociados á mobilidade de vehículos e persoas no interior do recinto portuario, mediante o emprego de ferramentas como a dixitalización, a monitoraxe e a integración con outros sistemas e ferramentas xa en uso.
O sistema de pesada minimizará os tempos ao identificar os vehículos mediante lectura de matrículas e o portal web de auto acreditacións, onde os operadores xestionan tanto o acceso ao recinto portuario como o permiso de pesada, as mercadorías autorizadas, etcétera. Este sistema estará integrado, entre outros, cos sistemas de CCTV, control de accesos, xestión de escalas, levante sen papeis, mercadorías perigosas, etcétera.
Coas actuacións para realizar, o porto pasará a dispoñer de un sistema de control de accesos integrado con lectura de matrículas e posibilidade de lectura de códigos QR para accesos esporádicos. Dispoñerase tamén dun portal web de auto acreditacións onde se poderán xestionar os permisos de acceso por parte dos usuarios, con posterior validación da AP, e integración con outros sistemas.
O sistema de control de accesos permitirá establecer modos de funcionamento diferentes para cada zona definida de acordo aos niveis de protección do Código ISPS. A automatización de comportamento do control de accesos permitirá tamén a activación dun modo “paso de ferrocarril” que configure os accesos implicados de forma que se asegure que ningún vehículo accede ao trazado ferroportuario.
O proxecto tamén inclúe un sistema de CCTV con funcionalidades de analítica de vídeo que permite a xeración de alertas baseadas nun sistema de autoaprendizaje. O sistema dispoñerá de capacidade para recoñecer matrículas e distinguir tipos de vehículos e integrarase co control de accesos e de forma que cada acceso quede asociado a unha gravación de vídeo.
Porto de Vilagarcía, 24 de setembro de 2020.

O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto
No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano

Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado
A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo
O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte