O Porto avanza na súa dixitalización co investimento de case 700.000 euros nun sistema integrado que optimizará os fluxos de mobilidade

A Autoridade Portuaria dá un paso máis na súa aposta pola eficiencia, a innovación e a dixitalización como ferramentas clave para optimizar o desempeño das súas funcións cun investimento de 688.729,77 euros.

O investimento destinarase  á “Ampliación, mellora e mantemento dos sistemas de control de accesos, CCTV, e pesada de vehículos e ferrocarril”. O Consello de Administración da Autoridade Portuaria, reunido o día 24 de setembro, aprobou adxudicar este contrato á empresa Equipos de Sinalización e Control SA, quen presentou a mellor oferta, globalmente considerada, entre as 4 recibidas.

As actuacións programadas non só redundarán nunha maior axilidade e eficiencia do sistema de control de accesos ao porto, senón que repercutirán positivamente en todo o ámbito da seguridade, e permitirán optimizar procesos asociados á mobilidade de vehículos e persoas no interior do recinto portuario, mediante o emprego de ferramentas como a dixitalización, a monitoraxe e a integración con outros sistemas e ferramentas xa en uso.

O sistema de pesada minimizará os tempos ao identificar os vehículos mediante lectura de matrículas e o portal web de auto acreditacións, onde os operadores xestionan tanto o acceso ao recinto portuario como o permiso de pesada, as mercadorías autorizadas, etcétera. Este sistema estará integrado, entre outros, cos sistemas de CCTV, control de accesos, xestión de escalas, levante sen papeis, mercadorías perigosas, etcétera.

Coas actuacións para realizar, o porto pasará a dispoñer de un sistema de control de accesos integrado con lectura de matrículas e posibilidade de lectura de códigos QR para accesos esporádicos. Dispoñerase tamén dun portal web de auto acreditacións onde se poderán xestionar os permisos de acceso por parte dos usuarios, con posterior validación da AP, e integración con outros sistemas.

O sistema de control de accesos permitirá establecer modos de funcionamento diferentes para cada zona definida de acordo aos niveis de protección do Código ISPS. A automatización de comportamento do control de accesos permitirá tamén a activación dun modo “paso de ferrocarril” que configure os accesos implicados de forma que se asegure que ningún vehículo accede ao trazado ferroportuario.

O proxecto tamén inclúe un sistema de CCTV con funcionalidades de analítica de vídeo que permite a xeración de alertas baseadas nun sistema de autoaprendizaje. O sistema dispoñerá de capacidade para recoñecer matrículas e distinguir tipos de vehículos e integrarase co control de accesos e de forma que cada acceso quede asociado a unha gravación de vídeo.

Porto de Vilagarcía, 24 de setembro de 2020.

Intercambio de metopas con motivo de la primera visita del Crystal Endeavor a Vilagarcía

O cruceiro de luxo Crystal Endeavor, terceira escala dun crucero nesta tempada no porto de Vilagarcía

O Crystal Endeavor, un crucero de expedición de la navieira Crystal Cruises, está realizando hoxe unha escala en Vilagarcía. Trátase dla terceira escala de cruceiros no porto desta temporada, a cual se estreou o pasado sábado.

Os cruceiros Bolette e Marina estrean a tempada de cruceiros cunha dobre escala no porto de Vilagarcía

A escala, que trouxo case 2.400 personas a Vilagarcía, supuxo a reactivación deste tráfico tras un parón de case dous anos debido á pandemia do COVID-19

Os cruceiros retornan este sábado ao porto de Vilagarcía cunha doble escala a cargo do Bolette e o Marina

En total, arribarán a Vilagarcía máis de 2.000 persoas, entre pasaxeiros e e tripulantes. Os peiraos de escala serán Ferrazo Norte e Comboa