O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala

A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

A Autoridade Portuaira de Vilagarcía será por primeira vez na súa historia a entidade organizadora do campionato interpuertos de fútbol-sala, do que este ano se celebra a edición número 26. O evento foi presentado esta mañá na Autoridade Portuaria de Vilagarcía, nun acto que contou coa presenza do presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, o membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Gonzalo Durán Hermida, o coordinador da organización, Miguel Ángel Hormiga, e o delegado do equipo arousán, José Ferreira. 

Nesta edición do campionato interpuertos tomarán parte un total de 25 equipos, en representación da práctica totalidade de Autoridades Portuarias de España, así como de Puertos do Estado. A competición desenvolverase en seis grupos, e os partidos das fases previas disputaranse en pavillóns dos veciños municipios de Vilanova, Cambados e Meaño, mentres que a gran final e acto de entrega de premios terá lugar no recinto de Fexdega, en Vilagarcía.

O presidente apuntou que a organización dun evento destas características, ao que se espera que se despracen unhas 400 persoas, supón unha ocasión excepcional para dar a coñecer Vilagarcía, a comarca e outros puntos de interese da nosa contorna, como Santiago de Compostela, aos participantes, que á súa vez poden exercer como “embaixadores” #ante un amplísimo colectivo integrado por todas as persoas que traballan nos portos de España, os cales se estima xeran un emprego directo de 100.000 postos de traballo, ao que hai que sumar o emprego indirecto e inducido. 

Cores Tourís destacou que o torneo non é só un evento deportivo, senón que para favorecer que os asistentes se coñezan entre eles e tamén o porto que exerce de anfitrión así como a súa contorna, comporta un programa de actividades complementarias como degustacións gastronómicas ou visitas turísticas e culturais. 

Pola súa banda, Gonzalo Durán –quen colabora estreitamente coa presidencia da Autoridade Portuaria no ámbito da promoción turística do Porto de Vilagarcía e a súa contorna- destacou que a cita é unha excelente oportunidade para dar a coñecer a oferta para visitantes da comarca de Arousa, que ofrece experiencias como a peregrinaxe por mar a Santiago de Compostela. Durán apuntou aos cruceiros como unha das vías de entrada de turistas desde os portos, e engadiu que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía está a traballar para fortalecer o seu posicionamento neste ámbito. Este ano, prevese que o sistema portuario español supere amplamente os seus rexistros do pasado exercicio en canto a número de visitantes, xa que ata xullo foron máis de seis os millóns os pasaxeiros que fixeron escala nos portos españois, mentres que o ano 2022 pechouse con algo máis de oito millóns de pasaxeiros de cruceiros no noso país. 

Finalmente, Miguel Ángel Hormiga destacou o gran compromiso mostrado polo porto arousán e o seu presidente na organización do torneo, que por terceira vez na súa historia, celébrase en Galicia.  

Porto de Vilagarcía, 03 de outubro de 2023. 
 

A Autoridade Portuaria potencia a súa xestión comercial para a captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía puxo en marcha unha estratexia orientada á captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño, que poidan facer escala en Vilagarcía.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía certifica a compensación total da súa pegada de carbono, logrando a neutralidade climática

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de obter o certificado que acredita a compensación total das súas emisións directas como organización, conseguindo así a Pegada Cero Emisións.

Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 32% en febreiro e o acumulado do ano alcanza as 210.000 toneladas

O porto de Vilagarcía experimentou un notable incremento dos seus tráficos no mes de febreiro, cunha subida do 32% con relación ao mesmo mes do ano anterior.