O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada
A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo, día 18 de xuño, a escala do cruceiro “Europa”. Trátase do cuarto cruceiro que arriba ao porto arousán nesta tempada, despois da chegada en abril do “National Geographic Resolution” e “Sirena”, e en maio do “Sexa Cloud Spirit”. A bordo viaxan máis de seiscentas persoas, sumando pasaxe e tripulación.
O “Europa” é un cruceiro da navieira Hapag-Lloyd, con bandeira de Malta. Ten 198 metros de eslora e durante a súa escala en Vilagarcía está atracado no peirao de Ferrazo Norte. A chegada a porto tivo lugar pouco antes das sete da mañá e a súa saída producirase ás seis da tarde.
O “Europa” arribou a Vilagarcía procedente de Leixoes, e o seu seguinte porto de escala será o da Pallice, en Francia. O “Europa” é un cruceiro con capacidade para 400 pasaxeiros, aos que hai que engadir os tripulantes. A maior parte dos seus pasaxeiros proceden de países de lingua alemá.
Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía dos visitantes, a Autoridade Portuaria habilitou un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e o centro urbano, prestado por medio do tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante, atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria.
Porto de Vilagarcía, 16 de xuño de 2023.

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
Pagination
- Previous page
- Page 7
- Páxina Seguinte