O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria

La Autoridad Portuaria homenajea a tres trabajadores que cumplen 25 y 50 años como empleados de la organización
Os homenaxeados compartiron co presidente algunhas anécdotas da súa traxectoria profesional na Autoridade Portuaria

XV Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía celébrase este sábado en augas de Vilaxoán
O Club de Remo Vilaxoán, organizador da proba, prevé a participación dunhas 500 persoas nesta oitava proba do calendario de bateis
Pagination
- Previous page
- Page 11
- Páxina Seguinte