O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”

O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”

O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas. 

A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora-  efectúe a súa saída con destino A Coruña. 

Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía. 

Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

A Autoridade Portuaria aproba un convenio coa Garda Civil para poñer á súa disposición unha nova sede dentro do Porto

O presidente presentou o balance de tráficos ata marzo e anunciou o comezo da tempada de cruceiros, este mesmo domingo

A desafectación da parcela da antiga Comandancia formalízase en tempo récord

Os terreos serán adquiridos polo Concello de Vilagarcía para a súa cesión á Consellería de Sanidade con destino á creación dun centro de saúde

O presidente de Puertos del Estado visita o Porto de Vilagarcía de Arousa

Rodríguez Dapena reúnese co presidente, conselleiros, equipo directivo da Autoridade Portuaria e con representantes da Comunidade Portuaria