O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

O Consello de Administración acepta a proposta de adxudicación a Vilor Infraestruturas da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo
A terceira fase das obras do ferrocarril a Ferrazo está financiada con fondos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR)

A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal
As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.

Alleamento por adxudicación directa da Draga Aldamiz
Resolución do Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa do 3 de setembro de 2024, pola que se inicia o procedemento para o alleamento por adxudicación directa da embarcación Draga Aldamiz.
Pagination
- Previous page
- Page 3
- Páxina Seguinte