O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.
Vilagarcía, segundo porto do sistema con maior incremento porcentual dos seus tráficos no primeiro cuadrimestre do ano
A recente publicación das estatísticas do sistema portuario correspondentes ao remate de abril evidencia a excelente marcha do porto neste exercicio.

O Porto incrementa os seus tráficos un 25% ao remate de abril
A Autoridade Portuaria supera por vez primeira a cifra de 460.000 toneladas de mercadoría movida no primeiro cuadrimestre do ano

A Autoridade Portuaria potencia a súa xestión comercial para a captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía puxo en marcha unha estratexia orientada á captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño, que poidan facer escala en Vilagarcía.
Pagination
- Previous page
- Page 24
- Páxina Seguinte