O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña

O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.

O Porto incrementa os seus tráficos un 18% en outubro e prevé un peche en positivo do exercicio económico
O Porto de Vilagarcía celebrou esta mañá unha sesión ordinaria do seu Consello de Administración, coa particularidade de ser a primeira reunión deste tipo desenvolta a través de videoconferencia.

Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía; José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.

O Porto de Vilagarcía acolle unha operativa de embarque de barcos bateeiros con destino ao porto africano de Nuadibú
O peirao de O Ramal do porto de Vilagarcía está a ser escenario esta semana dunha operativa para o embarque no buque Eider de 17 barcos bateeiros con destino Nuadibú (Mauritania).
Pagination
- Previous page
- Page 27
- Páxina Seguinte