O Porto incrementa os seus tráficos un 25% ao remate de abril

O Porto incrementa os seus tráficos un 25% ao remate de abril

A Autoridade Portuaria supera por vez primeira a cifra de 460.000 toneladas de mercadoría movida no primeiro cuadrimestre do ano

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía continúa rexistrando excelentes cifras no tráfico de mercadorías no presente exercicio. As estatísticas provisionais á conclusión de abril presentan como dato más destacado unha suba no acumulado de tráfico portuario do 25% con relación ao mesmo periodo do ano anterior, alcanzando as 461.742 toneladas. 

Esta é a segunda ocasión nos últimos 20 anos en que o porto é quen de mover, entre xaneiro e abril, máis de 400.000 toneladas de mercadoría, correspondendo o anterior rexistro ao ano 2003, cuxo primeiro cuadrimestre pechouse con algo más de 409.000 toneladas. Agora, esta marca ten sido amplamente superada: Outro dato destacado é que, en toneladas, a diferencia entre o acumulado ao remate de abril deste ano con relación ano mesmo mes do pasado an oé de máis de 90.000.  

A mercadoría xueral superou nestes primeiros catro meses do ano o 56% de todos os tráficos portuarios. O total de mercadorías movidas nesta categoría ascende a 256.614 toneladas. Neste apartado, é de destacar a recuperación no movemento de mercadoría contenerizada, que en abril de 2021 mellora os seus rexistros con relación ao  mesmo mes do pasado ano (2.732 fronte a 2.266 TEUs). O total de TEUS movidos a través da terminal de Boluda desde xaneiro e ata abril foi de 10.694, o que equivale a 92.398 t. 

Nesta mesma categoría continúan as boas cifras no movemento de aluminio (+66%) e taboleiro (+58%), que suman 78.386 e 79.078 toneladas, respectivamente, a este balance provisional de tráficos. También destaca o incremento porcentual no movemento de pasta de papel, que aporta 6.172 toneladas nesta categoría, duplicando os seus rexistros do pasado exercicio. 
Pola súa banda, os graneis sólidos representaron neste primeiro cuadrimestre do ano o 24% dos tráficos portuarios. Nesta categoría o produto máis destacado, por número de toneladas movidas, é o cuarzo, do cal se contabilizan 45.005 toneladas, un 52% máis que no mesmo periodo do pasado exercicio. Urea e cemento tamén melloraron os seus rexistros do pasado exercicio. Finalmente, a categoría de graneis líquidos aporta o 20% dos tráficos do Porto de Vilagarcía neste primeiro cuadrimestre do ano, co aceite como produto máis destacado, seguido do metanol, que experimenta unha suba del 36% con relación ao mesmo periodo do pasado ano. 

El presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destaca que “tras un ano moi complicado, como foi 2020, debido á pandemia e o seu impacto na actividade económica, estamos moi satisfeitos da evolución dos tráficos portuarios nos últimos meses, xa que non só se conseguiu reverter a baixada de tráficos experimentada o pasado ano, senón que estamos por riba das cifras de 2019, ano no que esta Autoridade Portuaria estableceu o seu récord anual de movemento de mercadorías”. 

O presidente da Autoridade Portuaria sinalou que “para poder xestionar adecuadamente este incremento dos nosos tráficos, a nosa prioridade é estar sempre en estreito contacto cos nosos clientes e operadores a fin de dar a atención adecuada ás súas necesidades, xa sexa de solo, de servizos ou en calquera outro ámbito da nosa competencia”. “Paralelamente –apuntou Cores Tourís- estamos estreitando lazos con empresas da nosa contorno, para dar a coñecer as nosas infraestruturas e servizos como ferramentas para a competitividade empresarial, co obxectivo de reforzar a nosa importancia como nó loxístico ao servizo dos sectores produtivo e loxístico da nosa área de influencia”. 

Porto de Vilagarcía, 21 de mayo de 2021.

A terminal de contenedores de Boluda en Ferrazo amplía os seus servizos ao recibir como cliente a Nirint Shipping

O servizo, que se suma ás conexións marítimas que xa ofrece a propia Boluda, conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe e Canadá

Sede Autoridad Portuaria Vilagarcía

O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Código Ético e de Conduta así como a creación do seu Sistema Interno de Información

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada

A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación