O porto recibiou a visita do Sirena, segundo cruceiro desta tempada
Arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e zarpou pouco despois das catro. A bordo viaxan 651 pasaxeiros e case 400 tripulantes

O porto de Vilagarcía recibiu hoxe ao segundo dos seis cruceiros previstos para esta tempada. Trátase do Sirena, un buque da navieira Oceania Cruises que arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e realizou a súa saída pouco despois das catro da tarde.
O Sirena é un cruceiro de 181 metros de eslora e o seu peirao de atracada durante a súa escala en Vilagarcía foi o de Ferrazo Norte. A bordo do buque viaxan máis de 650 pasaxeiros, aos que hai que sumar case 400 tripulantes. O buque arribou a Vilagarcía procedente de Leixoes e o seu seguinte porto de escala será o de Xixón.
Dado que a de hoxe foi a primeira escala do Sirena en Vilagarcía, ás 11.15 h tivo lugar un acto de intercambio de metopas entre o capitán do buque e o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, no que tamén participou un representante da consignataria do buque, P&J Carrasco.
Para facer máis agradable a súa estancia en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria puxo ao dispor dos visitantes un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano e habilitou unha parada de taxis provisional a pé de peirao. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria, a fin de ofrecer á viaxeiros información sobre os atractivos do destino.
Porto de Vilagarcía, 26 de abril de 2023.

Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía que contou coa presenza do presidente da Xunta

O presidente da Autoridade Portuaria e o alcalde de Vilagarcía manteñen a súa primeira reunión institucional
O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantiveron o día 30 de decembro a súa primeira reunión institucional.
Pagination
- Previous page
- Page 28
- Páxina Seguinte