O presidente da Xunta presenta no porto o proxecto do centro de recepción de peregrinos náuticos
O investimento a realizar por parte da Xunta de Galicia é de case 800.000 euros

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acudiu esta mañá a Vilagarcía para presentar no peirao de Pasaxeiros o futuro centro de recepción de peregrinos náuticos que se vai a habilitar neste espazo de titularidade portuaria e aberto ao uso público.
O presidente da Xunta destacou que a posta en marcha deste equipamento vai supoñer un impulso para o Roteiro Traslatio, o único do Camiño de Santiago que permite peregrinar por mar, augas fluviais e por terra. Rueda incidiu tamén no seu discurso na oportunidade que supón o turismo náutico para consolidar a Galicia como un destino atractivo durante todo o ano.
A actuación -explicada polo director general de Turismo, José Manuel Merelles- supón non só a rehabilitación integral do inmoble que no seu día foi sede do Club de Mar, senón tamén a demolición de edificacións anexas a este (almacén e zona de oficinas), así como das construcións existentes no lado esquerdo do peirao de Pasaxeiros -mirando cara ao mar- que levaban anos sen uso; todo o espazo será reurbanizado. O investimento que vai realizar a admnistración autonómica ascende a máis de 790.000 euros. A actuación enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada pola Unión Europea-Next Generation EU.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou na súa intervención que o centro de recepción de visitantes contribuirá a promover Vilagarcía como destino de turismo náutico, xa que ata a data o porto non dispoñía de instalacións específicas para este fin, e puxo en valor os acordos entre administracións como o que permitirá a Vilagarcía dotarse deste equipamento, xa que o proxecto presentado hoxe é a materialización dun convenio asinado no verán de 2024 entre a Autoridade Portuaria e a Axencia Turismo de Galicia. Tourís adiantou tamén que a intención é que a actuación se complemente coa instalación dun pantalán para atracada de catamaráns.
O acto -ao que tamén asistiron o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, entre outras autoridades- contou igualmente coa intervención de representantes da administración local. Álvaro Carou, concelleiro de Turismo de Vilagarcía, lembrou que a conveniencia dunha remodelación integral do peirao de Pasaxeiros xa fora abordada en conversacións entre a administración local e a Autoridade Portuaria e celebrou que a colaboración institucional vaia a permitir agora a materialización desta iniciativa.
Porto de Vilagarcía, 1 de febreiro de 2025.

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o ano cun novo récord de tráficos portuarios
Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022

O Porto dá o seu visto e prace ao proxecto de Turismo de Galicia para a execución da mellora do Faro de Sálvora
Aprobouse tamén un proxecto para mellora das naves do Ramal que ten en concesión a Organización Empresarial Parquistas de Carril

O Porto recibe a visita de xubilados e de alumnos do ciclo de Transporte e Loxística, e do ciclo superior de Xestión de Vendas
As visitas permiten aos participantes coñecer o funcionamento do porto mediante unha presentación e un percorrido en autocar polo recinto portuario
Pagination
- Previous page
- Page 6
- Páxina Seguinte