Os cruceiros Bolette e Marina estrean a tempada de cruceiros cunha dobre escala no porto de Vilagarcía

Os cruceiros Bolette e Marina estrean a tempada de cruceiros cunha dobre escala no porto de Vilagarcía

A escala, que trouxo case 2.400 personas a Vilagarcía, supuxo a reactivación deste tráfico tras un parón de case dous anos debido á pandemia do COVID-19

O porto de Vilagarcía recibiu hoxe a primeira visita de cruceiros deste ano, co atractivo engadido de tratarse dunha dobre escala a cargo dos buques Marina e Bolette, que atracaron no peirao Comboa e peirao de Ferrazo Norte, respectivamente. En total, sumando pasaxe e tripulación, case 2.400 persoas arribaron ao noso municipio nesta dobre escala que supón a estrea da tempada. 

O Bolette é un buque de bandeira bahameña e con 237 metros de eslora, pertencente á compañía Fred Olsen. A bordo do buque viaxan 480 cruceiristas, na súa maioría de nacionalidade británica. O buque arribou a Vilagarcía procedente de Motril e a súa seguinte escala será o porto de Dover. O seu peirao de atracada foi Ferrazo Norte. A súa escala en Vilagarcía está consignada por García Reboredo Hnos. 

En canto ao Marina, atracou ás 10 da mañá no peirao de Comboa, procedente de Xixón. Os seus 477 pasaxeiros –maioritariamente, de nacionalidade estadounidense-, teñen a súa seguinte parada no porto de Leixoes. O buque, da compañía Oceania Cruises, ten bandeira das illas Marshall e 239 metros de eslora. A súa escala en Vilagarcía está consignada por PJ Carrasco. 

Tanto no caso do Marina como do Bolette a de hoxe foi a súa primeira escala en Vilagarcía, ocasión que se conmemorou con senllos intercambios de metopas.

Parte dos cruceiristas realizaron nalgunha das excursións programadas para coñecer a comarca, Pontevedra ou Santiago de Compostela, entre outras opcións. Os restantes tiveron á súa disposición un servizo lanzadeira gratuíto para facilitar o seu desprazamento ao centro da cidade. 

A pesar de que inicialmente estaba previsto que os dous buques permanecesen en Vilagarcía ata as oito da tarde, a duración das dúas escalas reduciuse debido ás previsión meteorolóxicas. 

Porto de Vilagarcía, 2 de outubro de 2021. 

A terminal de contenedores de Boluda en Ferrazo amplía os seus servizos ao recibir como cliente a Nirint Shipping

O servizo, que se suma ás conexións marítimas que xa ofrece a propia Boluda, conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe e Canadá

Sede Autoridad Portuaria Vilagarcía

O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Código Ético e de Conduta así como a creación do seu Sistema Interno de Información

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada

A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación