Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 32% en febreiro e o acumulado do ano alcanza as 210.000 toneladas

Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 32% en febreiro e o acumulado do ano alcanza as 210.000 toneladas

O porto de Vilagarcía experimentou un notable incremento dos seus tráficos no mes de febreiro, cunha subida do 32% con relación ao mesmo mes do ano anterior.

O porto de Vilagarcía experimentou un notable incremento dos seus tráficos no mes de febreiro, cunha subida do 32% con relación ao mesmo mes do ano anterior.

O tráfico portuario do segundo mes do ano ascende a 113.286 toneladas, mentres que en febreiro de 2020 contabilizáronse algo máis de 85.500 toneladas. Deste volume de tráficos, máis da metade, concretamente 69.421 toneladas, corresponden á categoría de mercadoría xeral. No apartado de graneis líquidos movéronse 24.756 toneladas e a categoría de graneis sólidos achegou outras 18.285 toneladas.

No acumulado do ano, os dous primeiros meses péchanse cun incremento do 20% con respecto ao mesmo período de 2020. O total de tráfico portuario nos dous meses lanza unha cifra de 210.612 toneladas, fronte ás 175.418 toneladas sumadas entre xaneiro e febreiro do pasado exercicio. Todas as categorías de mercadorías (graneis sólidos, graneis líquidos e mercadoría xeral) melloraron neste comezo de ano as súas cifras, en comparación cos dous primeiros meses de 2020.

En primeira posición polo total de toneladas sitúase a categoría de mercadoría xeral. Movéronse 124.200 toneladas de produtos encadrados nesta categoría, o que supón un + 14,2% con respecto ao primeiro bimestre de 2020. Neste apartado destacan especialmente as subidas do aluminio e o taboleiro. As 37.108 toneladas de aluminio contabilizadas entre xaneiro e febreiro son máis do dobre das 17.631 rexistradas no mesmo período do pasado ano. Tamén o movemento de taboleiro subiu de maneira moi destacada, sumando máis de 38.500 toneladas (un incremento de case o 40% con relación ao mesmo período do ano anterior).

Cabe destacar que nestes dous produtos, o ano 2020 foi especialmente positivo, establecéndose senllos récords de movemento anual tanto de taboleiro como de aluminio a peche do exercicio. O comezo deste ano continúa nesa tónica favorable, reforzándose a posición do porto de Vilagarcía como centro de loxístico para a exportación de taboleiro e a entrada e redistribución do aluminio cara a toda a súa área de influencia.

Dentro da categoría de mercadoría xeral cabe apuntar tamén o movemento de contedores, contabilizándose a cifra de 5.266 TEUs. A pesar a caída de tráficos nesta categoría (-27,3% con relación ao mesmo período do pasado ano), a cal está directamente relacionada coa diminución da demanda en Canarias asociada ao turismo, os contedores continúan sendo o primeiro tráfico do porto de Vilagarcía por número de toneladas movidas.

En segundo lugar por número de toneladas movidas sitúanse os produtos encadrados na categoría de graneis líquidos, que rexistraron un incremento porcentual do 20,2% con respecto aos meses de xaneiro e febreiro de 2020. O metanol, con máis de 19.000 toneladas, está á cabeza entre os produtos encadrados nesta categoría, cun incremento moi acusado, de máis do 60%, con respecto ao mesmo período do ano anterior; moi preto, e en segundo lugar, sitúase o aceite, do que se contabilizan 18.272 toneladas, cifra practicamente idéntica á do mesmo período de 2020. A parafina, con máis de 5.000 toneladas movidas e un incremento de máis do 50% con relación aos dous primeiros meses do pasado ano, completa os produtos encadrados nesta categoría. O total de toneladas movidas nesta categoría foi de 42.708.

Finalmente, no apartado de graneis sólidos movéronse polo porto de Vilagarcía nos dous primeiros meses do ano un total de 42.304 toneladas, cun incremento interanual do 40,4%. O cuarzo é o responsable desta subida tan acusada, xa que a pesar de tratarse dunha mercadoría habitual no porto de Vilagarcía, o pasado ano non se rexistraron movementos deste produto nos dous primeiros meses do ano, mentres que neste exercicio contabilízanse máis de 15.000 toneladas. Tamén sobe o tráfico de cemento, que suma máis de 11.000 toneladas no balance bimestral desta categoría (+19,5%), mentres que a urea mantense en cifras similares ás do exercicio anterior, con case 16.000 toneladas.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destaca que “as cifras son moi positivas, especialmente se temos en conta que estamos a comparar un período previo á irrupción da crise do COVID coa situación actual. A nosa intención é seguir traballando e colaborando estreitamente cos operadores portuarios e todas as empresas da nosa área de influencia para optimizar a nosa atención ás súas necesidades, desde unha perspectiva integral da xestión portuaria”.

Na comparativa co resto de portos de titularidade estatal e tomando como referencia as estatísticas de xaneiro –últimas dispoñibles a nivel global-, o porto de Vilagarcía rexistra o quinto mellor comportamento de todo o sistema en canto á subida porcentual do total de tráfico portuario, só por detrás de tres portos do Mediterráneo (Almería, Motril e Málaga) e da Coruña.

Porto de Vilagarcía, 18 de marzo de 2021.

Los asistentes al acto, en el muelle de Pasaxeiros

O presidente da Xunta presenta no porto o proxecto do centro de recepción de peregrinos náuticos

O investimento a realizar por parte da Xunta de Galicia é de case 800.000 euros

Los mibrmos del Consejo, al comienzo de la reunión

O Consello de Administración acepta a proposta de adxudicación a Vilor Infraestruturas da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo

A terceira fase das obras do ferrocarril a Ferrazo está financiada con fondos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR)

A Autoridade Portuaria inicia os traballos para a dotación de saneamento ao peirao do Ramal

As obras teñen un orzamento de 173.986,11 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de catro meses.