Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado
A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

Un total de 100 tripulacións e máis de 500 deportistas daranse cita este sábado a partir das catro da tarde para a disputa da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que este ano alcanza a súa edición número 17. A proba foi presentada esta mañá nun acto celebrado na sede da Autoridade Portuaria.
Os deportistas desprazados ata Vilaxoán competirán nun total de 12 categorías -alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub23 e absoluto, tanto en modalidade masculina como feminina- co obxectivo de alzarse coa vitoria nesta proba.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou na presentación o traballo do club anfitrión e organizador, o Club de Remo Vilaxoán, na promoción do deporte, especialmente en categorías inferiores, e reafirmou o compromiso da Autoridade Portuaria co fomento dos deportes náuticos na súa contorna máis inmediata, xa sexa o remo ou outras modalidades deportivas.
O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes do concello de Vilagarcía, Carlos Coira, quen tamén tivo palabras de agradecemento para o Club de Remo Vilaxoán polo labor que realizan no seu día a día e especialmente pola organización dunha proba que, adicionalmente ao seu interese deportivo, contribúe tamén á dinamización económica da vila.
Finalmente, o presidente do Club de Remo Vilaxoán, Rogelio Tarrio, agradeceu á Autoridade Portuaria os seus 17 anos de patrocinio da regata, e tamén a contribución do Concello e a Fundación de Deportes de Vilagarcía para facilitar o desenvolvemento deste evento.
Porto de Vilagarcía, 20 de marzo de 2025.

O Consello de Administración aproba a formulación da modificación puntual do Plan Especial do Porto
No balance de tráficos portuarios o primeiro trimestre do ano péchase provisionalmente cun incremento do 9% con relación ao mismo periodo do pasado ano

Unhas cen tripulacións competirán na XVII edición da bandeira de bateis “Porto Vilagarcía”, que se disputa este sábado
A proba, organizada polo Club de Remo Vilaxoán, foi presentada esta mañá na sede da Autoridade Portuaria

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo
O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte